O Alcalde Manuel Cuíña incumpleu a Lei de Contratos nas adxudicacións a Pena Caramés

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Alcalde Manuel Cuíña incumpleu a Lei de Contratos nas adxudicacións a Pena Caramés

    • Según os propios datos que aportou o Alcalde superaron o límite que lles impón a lei de contratos.
    • Paralizaron un procedemento de contratación xa aberto, para poder adxudicarlle o contrato, como contrato menor.
    • Esta maniobra repetiuse poucos días despois, con prácticamente as mesmas empresas, aínda que neste caso invitouse a ofertar a Endenor a pesares de que non lle podían adxudicar o contrato.
    • Esperamos que non desaproveiten a oportunidade que lle ofrece a Xunta de Galicia para poder dotar dun servicio imprescindible o polígono de Silleda.

      

    Silleda, 9 de febreiro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denuncia que o Alcalde lle outorgou contratos a Pena Caramés, como persoa física por encima do que lle permitía a lei. “Non é algo que digamos nós, reconoceuno o propio Alcalde na súa comparecencia cando desglosou os contratos adxudicados tanto a Endenor como ó seu administrador como  persoa física.”

    Para os Populares o outro día o Alcalde actúo de forma maliciosa cando falou da menor contratación adxudicada directamente a Endenor e a Pena Carmés no 2018, xa que omiteu deliberadamente o cambio normativo que lle limita a posibilidade de adxudicar contratos a dedo.”A nova lei dende o ano 2018 impidelle adxudicar máis de 40.000 euros máis iva a dedo a misma empresa no mismo ano, según os datos que ofreceu o Alcalde a Pena Caramés adxudicoulle máis de 49.500 euros co que estaría incumplindo os límites que lle impón a lei, e esto non son nin mentiras, nin bulos do Partido Popular como están intentando facerlle crer a xente para lavar a súa imaxe, estos son datos que dixo o propio Manuel Cuíña. É igual que a cantidade sexa pouca ou moita, o grave e o feito en sí.”

    O que é máis grave todavía e que o Alcalde para poder adxudicar esta obra directamente a este empresario, decideu paralizar un procedemento de contratación que xa estaba iniciado, e cámbialo a un procedemento de contratación menor. ”O Alcalde de maneira deliberada decideu cambiar a forma de contratación e invitar a esta persoa como persoa física, e non a súa empresa, xa que sabía que a Endenor non lle podía facer máis adxudacións de maneira directa ese ano.”

    Para os Populares resulta moi sospeitoso que tras esta adxudicación, repiteuse esta maniobra deixando sen efecto un procedimento de contratación xa iniciado, e pasando a realización dun contrato menor, no que curiosamente os participantes éran mesmos, ”Chámanos moito a atención como prácticamente unha semana despois, volven a repetir a misma xogada para adxudicar outra obra, e as empresas que concurren son prácticamente as mesmas, xa que neste caso o Alcalde non lle pide a Pena Caramés que presente unha oferta, si non que lla pide a Endenor, a empresa da que é xerente, a pesares de que sabía que a esa empresa non lla ía a poder adxudicar. Supoñemos que non había máis empresas no noso Concello que estuveran capacitadas para presentar unha oferta e facer esta obra.” 

    Para Ignacio Maril, o vocerío do Partido Popular, estas actuacións na contratación por parte do Concello son un gravísimo escándalo, “É vergonzoso o que estamos a ver que están a facer a hora de contratar, modificacións de procedementos, invitacións as mismas empresas en tódolos procedementos, incluso aínda que saben que non lle poden adxudicar as obras nas que participan, o que sen dúbida non ten ningún tipo de explicación razonable, adxudicacións de maneira directa por encima do que marca a lei… Poderán vir a contarnos o que queiran pero ninguen fai todo esto si non ten ningún tipo de interés e adxudicarlle a algunha das persoas que participan un contrato. Os intereses económicos son máis que evidentes.”

    Ademáis sinalou que “O propio Alcalde reconoceu que era conocedor desta situación e das vinculacións do seu fillo e do concelleiro de Obras Klaus Brey, con este empresario, polo que as decisións que tomou para adxudicarlle os contratos directamente, e por riba do que lle permitía a lei, foron tomadas por el de maneria deliberada e consciente, para favorecer a un socio do seu fillo e do seu Concelleiro. Dirá que é amigo de tódolos empresarios de Silleda, pero ós que invita e favorece, parece que é so ós socios dos seus achegados.”

    Dende o Partido Popular de Silleda, consideran que esta gravísima situación, e os datos obxetivos deixan tanto ó Alcalde como o propio concelleiro de Obras nunha situación na que so lles cabe unha saída. “Non poden seguiri poñendo en entredito o noso Concello e o resto dos seus compañeiros de corporación. Con estes datos que son un auténtico escándalo so lles queda un camiño se aínda lles queda algo de vergoña, o da dimisión.”

Add comment


Security code
Refresh