O PP de Poio denuncia que no corte dun carril da Ponte da Barca, «como sempre, Lores manda e Sobral obedece»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio denuncia que no corte dun carril da Ponte da Barca, «como sempre, Lores manda e Sobral obedece»

    • Os populares lamentan a decisión do alcalde de Pontevedra de forzar o corte dun carril da ponte da Barca durante un mes, dentro dunha estratexia para acabar implantando o sentido único coa complicidade do goberno de Poio.
    • Indican que o BNG quere aproveitar a coxuntura das obras como unha disculpa para que a xente se acostumbre: «A Lores encantaríalle que a obra durase 6 meses máis», e Sobral non daría un chío, «por moitos problemas que causase aos veciños de Poio».
    • Rocío Cochón lamenta o seguidismo cego de Luciano Sobral ao alcalde de Pontevedra, e critican que «sempre escolla obedecer ao BNG de Pontevedra antes que aos veciños de Poio», desde o deslinde á comarcalización dos bombeiros pasando polo transporte metropolitano.

     

    Poio, 8 de febreiro de 2019. O PP de Poio denunciou este venres a decisión do goberno municipal de Pontevedra, do  BNG, de impedir os traballos nocturnos na Ponte da Barca para forzar o corte dun carril de circulación na Ponte durante un mes por parte da empresa que realiza os traballos de remodelación da Ponte, como parte dunha estratexia para acabar implantando o sentido único na ponte da Barca, un obxectivo declarado en numerosas ocasións polo goberno nacionalista da capital, coa complicidade de Luciano Sobral.

    A concelleira Rocío Cochón explicou que os obstáculos postos polo goberno de Lores aos traballos nocturnos para axilizar as obras na ponte, responden aos intentos do BNG de que o sentido único na Ponte da Barca acabe sendo algo permanente, como Fernández Lores anunciou en numerosas ocasións, co silencio ou a aquiescencia do alcalde de Poio.

    Cochón recordou que o alcalde de Pontevedra xa cortou ou obrigou a cortar un carril da ponte e implantar o sentido único en anteriores ocasións e con distintas escusas, coa complicidade de Luciano Sobral. Cochón recordou que ante estas decisións, os veciños de Poio mobilizáronse e o PP chegou a presentar unha moción en marzo de 2017 para que calquera cambio de circulación na Ponte da Barca fose consultado aos veciños de Poio.

    Para os populares, coa negativa a que os traballos se levasen a cabo de noite, Lores quere aproveitar outra vez a coxuntura das obras na ponte como unha desculpa para que a xente se acostumbre: «A Lores encantaríalle que a obra durase 6 meses máis para dicirlle á xente: “Vedes como ao final non pasa nada porque haxa só un carril?” e forzar o sentido único para sempre», explicou Cochón, que subliñou o seguidismo cego de Sobral a todas as decisións do alcalde de Pontevedra, por contrarias que sexan aos intereses dos veciños de Poio, subliñando que «por moitos problemas que causase» en Poio, Sobral «non daría un chío».

    Cochón lamentou que Luciano Sobral non plantexase sequera ao seu compañeiro de partido conveniencia de manter aberta a ponte en ambas direccións e de axilizar as obras, xa que o sentido único, como sucedeu en anteriores ocasións é moi prexudicial para o tráfico en Poio. Neste sentido, a concelleira popular recordou que o acatamento de Sobral ás consignas e instruccións de Lores non é nada novo, e criticou que Sobral «sempre escolla obedecer ao BNG de Pontevedra antes que aos veciños de Poio».

    Cochón recordou que durante os últimos anos Sobral renunciou en numerosas ocasións a defender os intereses de Poio ante as decisións do alcalde de Pontevedra, en asuntos desde o sentido único da Ponte ata a defensa dos lindes lexítimos de Poio, a mellora da atención a emerxencias ou do transporte, nunha actitude que mesmo levou a Sobral a votar no pleno de Poio contra os intereses dos poienses.

    Cochón subliñou que Sobral negouse a pedir ao concello de Pontevedra a entrada no Plan de Transporte Metropolitano, imprescindible para que os poienses se poidan beneficiar deste Plan, e recordou que Sobral negouse repetidamente a propoñer a Lores un convenio para garantir o servizo en Poio do parque de bombeiros situado en San Salvador, chegando a utilizar Sobral o seu voto de calidade para impedir que saíse adiante unha moción pedindo a Pontevedra desbloquear a comarcalización do Parque de Bombeiros de Pontevedra, que se atopa en terreo poiense.

    Cochón rematou anunciando que o grupo popular volverá preguntar que postura vai tomar o goberno Bipartito neste asunto, aínda que «sospeitamos que non fará nada» porque «outra vez, e como sempre, Lores manda e Sobral obedece».

Add comment


Security code
Refresh