PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP asegura que votar o PSOE de Poio tamén é apoiar o desastre de goberno de Pedro Sánchez

    • Rocío Cochón recorda que, fronte a outros líderes socialistas de toda Galicia e España que criticaron as cesións aos independentistas ou os PGE antigalegos, «Chelo Besada presume de Pedro Sánchez».
    • Para os populares, apoiar a Chelo Besada nas municipais é o mesmo que facelo por Sánchez: «Tampouco ten proxecto propio máis que apoiarse en populistas, independentistas e contrarios á Constitución para poder estar no goberno».

     

    Poio, 10 de febreiro de 2019. A concelleira do PP de Poio, Rocío Cochón subliñou este domingo que votar ao PSOE de Poio equivale a apoiar o desastroso papel de Pedro Sánchez na política nacional e no goberno central.

    Cochón subliñou que cada papeleta depositada polos socialistas nas próximas eleccións municipais será tamén un voto por un goberno mentiroso e insolidario tamén en Moncloa, o encabezado por Sánchez Castejón apoiado en populistas, independentistas e partidos contrarios á Constitución.

    Cochón recordou que votar ao PSOE de Poio nas próximas eleccións suporá dar osíxeno aos mesmos que en Madrid ceden ao chantaxe de independentistas e populistas, negocian a derrogación a Constitución, desprezan a Galicia para pagar as súas hipotecas e impiden a celebración de eleccións que prometeron para chegar á Moncloa.

    Cochón recordou que Besada, que participa en gobernos xunto aos nacionalistas en Poio e na Deputación, nunca dixo unha palabra máis alta que outra cando os seus socios de goberno fixeron actos en apoio ao “referendo” ilegal de 2017 en Cataluña e aos independentistas xulgados e fugados, participaron en actos contra a Constitución, contra as forzas e corpos de seguridade do Estado... porque ao final, como demostra o seu historial, dá igual todo con tal de seguir no goberno.

    Ademais, recordou que Besada, ao igual que Sánchez, «non ten proxecto propio máis que apoiarse en populistas, independentistas e partidos contrarios á Constitución para poder manterse no goberno», e subliñou que mentres líderes do PSOE de toda Galicia e do resto de España veñen criticando a Sánchez polas súas cesións ao independentismo, polas súas veleidades sobre o cumprimento da Constitución ou por un proxecto de PGEs feitos para intentar atraer ao secesionismo, o PSOE de Poio e a recén proclamada secretaria non só non teñen ningunha palabra crítica para Sánchez senón todo o contrario: «Mentres socialistas de toda España están advertindo a Pedro Sánchez que non vale todo para aferrarse ao poder, que non se pode renunciar aos principios a cambio dun posto no goberno, o PSOE de Poio e Chelo Besada presumen de Pedro Sánchez».

    «Será porque tamén para Chelo Besada todo vale para chegar e aferrarse a un posto nun goberno, como leva demostrando tantos anos».