PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • CARMEN LEIRAS, A AVOA DO PORRIÑO, CELEBRA OS SEUS 107 ANOS EN FAMILIA

    • A avoa centenaria de Mosende soplou onte as velas rodeada dos seus. M. Alejandro Lorenzo celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun fermoso ramo de flores

     

    O Porriño, 13 de decembro de 2018.-  Cumprir máis dun século de vida e facelo ao calor dos teus é un feito sen dúbida para celebrar por todo o alto. Ese é o caso da veciña de Mosende, Carmen Leiras Carrera, que onte soplou as 107 velas rodeada de todos os seus seres queridos.

    Con motivo do seu cumpreanos a súa familia organizou unha gran festa que foi toda unha sorpresa para ela. Vestindo as súas mellores galas, lucindo un fermoso broche confeccionado por ela mesma e ese brillo nos ollos de quen se sabe querida, Carmen, quen a pesar da súa avanzada idade goza dunha saúde envidiable, festexou toda unha vida. Xunto a ela estaban os seus dous fillos, Pepe e Juan, as súas noras, netos bisnetos e sobriños, as súas coidadoras e tamén o presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, que celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun fermoso ramo de flores.

    Tal e como relatan os seus fillos, Carmen é unha muller traballadora, con moitísimo carácter e unha loitadora incansable. Orixinaria da parroquia de Mosende, onde naceu un 12 de decembro de 1911, formou a súa familia xunto a José Iglesias Alonso e adicouse a ela toda a súa vida. Nesta data tan sinalada, quixeron demostrarlle como sempre o seu agradecemento polo seu agarimo, tesón e coidados.

    "Ver a emoción nos ollos de Carmen ao ter a toda a súa xente reunida en torno a ela é algo impagable", apuntou Lorenzo, "E unha verdadeira honra poder compartir momentos con persoas como Carmen que representan a esa xeración á que tanto temos que agradecer, os seus moitos valores, o seu arduo traballo durante moitos anos para construir o que hoxe temos e como foron quen de sair adiante con moito sacrificio e esforzo. Os nosos maiores son o noso ben máis preciado e poder disfrutar da súa compañía non ten prezo".