Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O día 11 finaliza o prazo para a presentación de precandidatos ao Congreso local

    Cada aspirante deberá presentar alomenos 150 avais antes do 28 de xuño,

    • O médico Jorge García-Borregón será o presidente do Comité Organizador e a data definitiva, o 30 de xuño.
    • “Este Congreso, co esforzo de todos, será decisivo para o futuro do noso partido e da nosa cidade”, sinalou Jacobo Moreira na carta que remitiu aos afiliados.

     

    Pontevedra 6, xuño, 2018.- O próximo luns día 11 finaliza o prazo para a presentación de precandidaturas a presidir o Partido Popular de Pontevedra no 12º Congreso Local da formación, que tamén elixirá o seu Comité Executivo. Calquera militante que desexe dar un paso adiante debe comunicar a súa intención antes das 15.00 horas desa data na sede da rúa Palamios.

    A partir de entón, os precandidatos terán ata as 15.00 horas do 28 de xuño para presentar os 150 avais necesarios que lles permitan optar á Presidencia do partido.

    Só aqueles precandidatos que cheguen a esa cifra poderán participar na votación que elixirá ao novo presidente o día do congreso. A data definitiva da convocatoria será o sábado 30 de xuño no Café Moderno Afundación a partir das 10 horas.

    O presidente local, Jacobo Moreira, remitiu unha carta aos afiliados explicando os detalles e animándoos a participar: “Este Congreso, co esforzo de todos, será decisivo para o futuro do noso partido e da nosa cidade”, sinalou.

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no congreso será necesario, de acordo cos estatutos do partido, figurar inscrito no censo existente na sede local e atoparse ao corrente do pago de todas as cotas pendentes.

    Os afiliados que o desexen poderán comprobar as súas circunstancias persoais na sede local e, se fose necesario, poñerse ao corrente nas cotas. Para iso teñen de prazo ata o 25 de xuño.

    O Comité Organizador do Congreso (COC) estará presidido polo médico Jorge García-Borregón Millán e terá como secretaria a Marta Arellano Segade. Como vogais participarán Seila Varela Barreiro, Diego Medrano Dorado, María Treviño Romero, Iago Acuña Vieites e Silvia Junco Martínez.