Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os alcaldes e deputados provinciais do PP consideran o Plan Deporemse outra chanchullada do bipartito para favorecer aos concellos amigos

    Os rexedores populares presentaron un escrito na Deputación para expresar as súas queixas 

    • Critican que se anuncie no mesmo día en que finaliza o Plan Concellos e que se primen nas bases criterios subxectivos “de madurez do proxecto”, minorizando a puntuación dos ponderables
    • As Bases modificáronse ata en 4 ocasións, a última incluso despois de saír aprobado no pleno provincial.

     

    Pontevedra, 15 de abril de 2018.- Os alcaldes e deputados do Partido Popular consideran o Plan Deporemse unha nova “coladeira” para favorecer aos concellos “ben relacionados” co bipartito que goberna na Deputación de Pontevedra. Os rexidores e os representantes do PP no ente provincial consideran que o feito de que se anunciara o mesmo día que remataba o Plan Concellos é sinal de “falla de transparencia e un xogo suxo con cartas marcadas”. Así llo manifestan á presidenta do ente provincial Carmela Silva nun escrito presentado na Deputación e asinado polos alcaldes do Partido Popular na provincia. 

    Segundo o voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes “sorprende que se convoque repentinamente un plan destinado á mellora dos viais municipais sen antes expoñelo ou comunicalo os concellos aos que vai dirixido co fin de que puidésemos realizar aportacións ou propostas sen que se desvirtuase a finalidade e filosofía do Plan ideado en solitario polo bipartito. Esta convocatoria repentina e sen previo aviso impide unha correcta planificación do noso traballo e dos investimentos que necesita o noso concello, tendo en conta ademais que o plan anúnciase o mesmo día en que finaliza o prazo para que os concellos presentásemos os proxectos de investimento con cargo ao Plan Concellos”, asegura o representante do PP na Deputación.

    En canto ás bases feitas públicas pola Deputación, os alcaldes e deputados provinciais do PP pregúntanse se aos fondos do Plan Deporemse poderán optar a totalidade dos concellos ou haberá unha exclusión como a contida nas bases do Plan de Proxectos Singulares para aqueles concellos con convenios específicos en execución, executados, aprobados ou formalizados dentro do presente mandato.

    Tamén critican o feito de que teñan que cofinanciar os concellos as actuacións que obteñan subvención “tendo en conta ademais que a estas alturas xa non poderíamos facelo con cargo aos fondos do Plan Concellos, destinados xa a outras actuacións”, quéixase Moldes.

    Ademais ven como criticable o feito de que no eixo 2 se acoten as actuacións a contornas de centros socioculturais, centros educativos e centros produtivos como portos ou polígonos industriais “dando a entender que non se considerarían os proxectos en lugares de elevada atracción como por exemplo accesos a praias, monumentos, núcleos de poboación, etc. aínda que agora apareza publicado no BOP cunha coletilla que inclúe as palabras entre outros…”, indica o representante popular na Deputación.

    MODIFICACIÓN DAS BASES A ÚLTIMA HORA PARA FAVORECER A ARBITRARIEDADE E DISCRECIONALIDADE DAS AXUDAS

    Pero o que consideran máis grave os alcaldes e deputados do PP na Deputación é que o bipartito modificase a última hora as bases iniciais para cambiar agora os criterios de valoración dos proxectos e aumentar a puntuación que se dá aos criterios subxectivos como dos de “madurez do proxecto presentado” minorando a puntuación dos criterios obxectivos como son os de poboación, quilómetros de viais, densidade de poboación, etc. 

    Recordan ademais que as bases modificáronse ata en 4 ocasións, a última incluso despois de ser aprobadas no último  pleno.

    Para Ángel Moldes “estamos ante unha nova maniobra caciquil do goberno bipartito que busca arbitrariamente primar a aqueles proxectos patrocinados ou impulsados por concellos amigos entrando nunha auténtica discrecionalidade na concesión deste tipo de axudas onde hai falla de transparencia, igualdade de oportunidades e posibilidades de optar en concurrencia cun mínimo de posibilidades pola clara ocultación de información para favorecer os intereses dos actuais inquilinos do goberno do Pazo Provincial”.

    Os alcaldes e os deputados do PP na Deputación reclaman a “apertura dunha vía de diálogo que poda permitir que o bipartito faga un destino equitativo e igualitario dos fondos públicos do ente provincial entre o conxunto dos concellos da provincia independientemente das simpatías e da cor política dos alcaldes e das alcaldesas que estean ao fronte dos mesmos”, sinalou Ángel Moldes.