Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO DO PORRIÑO PERDE PRETO DE 100.000 EUROS PARA A FORMACIÓN DE DESEMPREGADOS

    • A deixadez do executivo que preside Eva García levou a perder a subvención concedida para a realización de tres accións formativas para persoas desempregadas: Operacións Básicas de Restaurante e Bar, Operacións Básicas de Cociña e Servizos de Restaurantes.

     

    O Porriño, 11 de abril de 2018.- Nunha nova mostra da nefasta xestión dos recursos públicos da coalición PSOE-UDDL o Concello do Porriño vén de perder preto de 100.000 euros dunha subvención para impartir tres cursos de formación para persoas en situación de desemprego. 

    Falamos concretamente de tres accións formativas para desempregados (AFD) , Operacións Básicas de Restaurante e Bar , Operacións Básicas de Cociña e Servizos de Restaurantes para os que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedera a cantidade exacta de 96.174 euros. Resulta indignante, ver como a concelleira de Emprego, Soledad Girón anunciaba en maio do ano 2017 a concesión desta axuda destacando "a importancia das mesmas para as persoas que están sen traballo". Pois ben, como aconteceu con outras subvencións, a deixadez do executivo que preside Eva García levou a que se perderan estas axudas.

    "O interés en levar a cabo estas accións formativas sempre foi escaso por parte da Alcaldesa, que xa manifestara publicamente que non tiña sentido facer cursos de restauración e cociña", apunta M. Alejandro Lorenzo. Un escaso interés que queda patente ao comprobar que a Consellería publica a orde en marzo do 2017, concede a subvención ao Concello do Porriño o 18 de Agosto de 2017 e non é ata Decembro dese ano cando o concello realiza as bases para a selección de persoal docente. Non cubrindose as prazas e sen tempo de manobra debido ao retraso, sen nengún complexo renuncian á subvención.

    Cabe destacar, que o PP do Porriño nas súas enmendas incluía a creación de partidas destinadas as axudas para emprendores, fomento da contratación e para formación para desempregados. Esta partida, xunto co resto das presentadas polos populares, foi rexeitada polo Goberno Municipal evidenciando que a formación das persoas desempregadas non é unha das súas prioridades.