Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Congreso do PP da Guarda celebrarase o 5 de maio

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana  Alfonso Manuel Pérez, Hortensia María Vicente Santiago e María Jesús Martínez Martínez
    • Todos os afiliados do PP da Guarda que aspiren á presidencia do partido terán ata o 24 de abril para presentar por escrito a súa intención de presentarse.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 100 avais e o prazo para a súa presentación remata o 3 de maio.   

     

    Pontevedra, 11 de abril de 2018.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra así como a Xunta  Xestora do PP local deron luz verde á celebración, o próximo 5 de maio, do Congreso Local da Guarda, no que terán dereito a voto os máis de 600 afiliados do partido neste municipio.    

    A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora, Alfonso Manuel Pérez, Hortensia María Vicente Santiago e María Jesús Martínez Martínez. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, cando asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP da Guarda que aspiren á presidencia do partido terán ata o 24 de abril para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 100 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 3 de maio.    

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.