Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO DE PONTE CALDELAS ENDEBEDARASE EN CASE 400.000€ CON OPACIDADE E POR DECRETO DA ALCALDÍA

    • O pasado mes de decembro o Concello xa recibiu un préstamo da Deputación de Pontevedra de 149.162`37€, en menos de 3 meses o Concello de Ponte Caldelas endebedouse en máis de medio millón de euros.
    • A isto sumase o Plan Económico Fincaceiro que tivo que aprobar o Concello o pasado decembro, obrigado polo Ministerio de Hacienda, por saltarse a regra de gasto no exercicio fiscal 2016.

     

    Ponte Caldelas, 10 de marzo de 2018.- O Concello de Ponte Caldelas ven de solicitar un novo préstamo a Deputación de Pontevedra de 391.352’66€, un ano antes das eleccións municipais, con opacidade, amparándonse nun decreto da Alcaldía, sin pasar polo Pleno e sin incluilo no recentemente aprobado orzamento municipal.

    O Partido Popular expresa a sua inquedanza pola xestión económica do Concello xa que nos últimos meses veñen dándose unha serie de datos preocupantes que poñen en risco a estabilidade económica das contas públicas. Así, o pasado mes de decembro o Concello xa recibiu un préstamo da Deputación de Pontevedra de 149.162`37€.

    A isto sumase o Plan Económico Fincaceiro que tivo que aprobar o Concello, obrigado polo Ministerio de Hacienda, o pasado decembro por saltarse a regra de gasto no exercicio fiscal de 2016.

    En menos de 3 meses o Concello de Ponte Caldelas endebedouse en máis de medio millón de euros e aínda así ao Partido Popular cónstalle que hai proveedores do Concello que levan meses sen cobrar e que incluso ten que recurrir a un pleno extraordinario e de urxencia para favorecelo recoñecemento extraxudicial de facturas e así poder tranquilizar a moitos acreedores que reclaman o pagamento urxente dos servizos contratados durante o pasado ano e que seguen sen aboar, pese á obriga legal de facer fronte a eses pagamentos en 45 días.

    Dende o Partido Popular poderiamos entender que se solicitasen estes prestamos si se adicasen a realizar obras importantes no municipio, pero a triste realidade é que nos últimos 3 anos non se levou a cabo ningún investimento de infraestruturas necesarias e prioritaria para o municipio e que demanda a cidadanía.