Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda reúnese cos alcaldes e voceiros do PP na Comarca do Salnés

     

    Cambados, 10 de marzo de 2018.- O presidente do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo hoxe en Cambados, na sede do Partido Popular, unha reunión comarcal con alcaldes e voceiros populares da comarca do Salnés.

    Nesta reunión de traballo e coordinación participaron, ademais de Rueda; Cores Tourís, secretario do PP de Pontevedra; Ana María Ortiz; o voceiro popular de Cambados, Luis Aragunde; os alcaldes Gonzalo Durán, Lourdes Ucha, José Luis Pérez e Telmo Martín, e os presidentes locais de Vilagarcía, Ribadumia, O Grove e A Illa.

    Na xuntanza, que se celebra periodicamente, o presidente provincial agradeceu aos responsables do PP na comarca o seu traballo durante estes meses e os presentes abordaron cuestións de interese dos concellos do Salnés, espuxéronse inquedanzas dos participantes e tamén aspectos relacionados coa formación popular nun ano importante, previo ás eleccións de 2019, nas que o PP espera conservar os gobernos populares na comarca e recuperar varias alcaldías, especialmente en concellos nos que a maioría absoluta do PP quedou a moi poucos votos, como Cambados ou Ribadumia.