Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • SALOME PEÑA PIDE A DIMENSION DO ALCALDE TRAS PERDER RIBADUMIA UNHA SUBVENCION DE 1,5 M€

    • O Concello de Ribadumia perdeu unha subvención da Deputación de 1,5M€ do Plan de Investimentos en Equipamentos Singulares, debido a que o proxecto non cumpre co obxecto da convocatoria e non reunía as condicións mínimas.
    • Salomé Peña, solicita a dimisión do alcalde, e non descarta outras medidas.

     

    Ribadumia, a 18 de novembro de 2017. A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a relación de axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes con cargo ao Plan de Investimentos en equipamentos e Dotacións Singulares, dotado con 18 M€.

    O proxecto presentado polo concello de Ribadumia foi excluído do reparto das axudas da Deputación, por que segundo manifestou a propia presidenta da Institución provincial “ Ribadumia, o proxecto non cumpre co obxecto da convocatoria en canto a construción, e non cumpre coas condicións mínimas de proxecto básico, o cal, era obrigatorio segundo as bases”

    Mentres que outros concellos do Salnés sí recibirán inversións de 1,5 M€ para os proxectos que solicitaron, como no caso de O Grove, para construír un novo auditorio, ou a Illa de Arousa, para novos edificios culturais,  Ribadumia perde a subvención debido a que o proxecto non cumpre as condicións mínimas.

    A Portavoz dos Populares en Ribadumia pide a dimisión do alcalde, David Castro Mougán, xa que a súa xestión esta a causar prexuízos irreparables para o concello de Ribadumia.

    Peña recorda que no que vai de lexislatura o alcalde esta a levar ao concello a ruína, como consecuencia de estar causando perxuicios irreparables para o concello e veciños de Ribadumia:

    • Perda da subvención de 1.500.000 € do Plan de Investimentos en equipamentos e Dotacións Singulares da Deputación de Pontevedra.
    • Perda da subvención da Deputación para construción de beirarrúas no comezo da Ruta da Pedra e da Auga. Este proxecto por importe de 192.000€ estaba en licitación no 2015, e foi anulada pola nova Deputación co consentimento do Tripartito municipal.
    • Perda da subvención do Plan Urbe da Xunta de Galicia 2016: o Concello renunciou a solicitar axudas a convocatoria, cuantificándose a perda dunha axuda de 250.000€.
    • Perda da axuda para sinalización Patrimonio Histórico convocada pola Deputación anualidade 2016: O concello non solicita axuda, segundo o alcalde, por que non era necesaria para Ribadumia.
    • Suspensión definitiva da BTTinto: o alcalde escudándose en falsos datos do custe da proba, suspendeuna definitivamente, sen importarlle perder unha proba de referencia autonómica e nacional, con mais de 3.000 participantes que se achegaban a Ribadumia.
    • Pousada Pechada: pese a estar finalizada a obra, equipada e adxudicada a súa xestión, o alcalde o único que fixo durante dous anos foi por trabas administrativas dende o concello para manter pechada a instalación.
    • Tanatorio: primeiro péchano 7 dias por estar “ilegal”, e logo manifestan publicamente que quedou a “pufo”, faltando a verdade.
    • Recibos municipais da auga 2017 con importes inflados: Despois de que o PP denunciará que os recibos estaban inflados, o alcalde recoñeceuno, pero dous meses despois segue sen solucionar o problema e sen devolver o cobrado de mais os veciños.
    • Monte do Castro: dous anos en estado de abandono, negándose o alcalde a realizar labores de mantemento.
    • Retrasos na execución das obras do Plan Concellos 2016: a dia de hoxe non foi xustificada ningunhas das obras presentadas ao plan da Deputación.
    • Incremento de taxas e impostos municipais: creación da taxa por Bados de garaxes; creación do imposto por colocación de sinais nas estradas municipais para empresas/negocios de Ribadumia; incremento das taxas da Escola de Ocio e Tempo Libre do Verán.
    • O Concello esta a gastar mais do que a Lei permite, o que supón, constantes requirimentos de Facenda ao concello.

    A nefasta xestión do alcalde non ten xustificación posible. A responsabilidade non é de nadie mais que da súa persoa, xa que non pode entenderse presentar un proxecto que non entra na convocatoria, cando o alcalde conta dende o inicio da lexislatura, dun asesor urbanístico contratado por él, que percibe das arcas do concello 3.025€ ao mes, ademais dos dous técnicos municipais do departamento urbanístico.

    Os Populares solicitan ao alcalde a súa dimisión inmediata, pola súa nefasta xestión, cuia ultima expresión e a perda de 1.500.000 € da Deputación para Ribadumia.

    Así mesmo, de non producirse a súa dimisión,  os populares non descartan a adopción doutras medidas.