Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP considera “unha falta de respecto aos galegos” que Carmela Silva compareza no Senado despois de negarse no Parlamento de Galicia

    O PP considera “unha falta de respecto aos galegos” que Carmela Silva compareza no Senado despois de negarse no Parlamento de Galicia

    • Moldes pregunta ao BNG, e socios de goberno de Silva na Deputación, que lle parecen estas últimas decisións da presidenta.

     

    Pontevedra, 8 de novembro de 2017.- O voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, non entende a decisión da presidenta, Carmela Silva, de comparecer no Senado a próxima semana e negarse a facelo no Parlamento de Galicia.

    “Non nos parece mal que vaia ao Senado, pero si nos parece unha falta de respecto e unha burla a todos os galegos que se negara a comparecer no Parlamento de Galicia e agora non teña ningún reparo a facelo no Senado”, explica Moldes.

    Nesta liña, os populares preguntan ao BNG e socios de Goberno de Silva na Deputación que lle parece estas últimas decisións da presidenta. “Deben estar encantados”, ironiza. 

    “Sabemos que Carmela Silva ten moitos motivos para avergonzarse da súa xestión na Deputación e de aí que non quixera comparecer na cámara parlamentaria galega, pero non chegamos a saber cales foron os logros tan importantes en materia de cooperación (comisión na que participará o próximo mércores) para que só unha semana despois de desprezar a cámara galega vaia ao Senado”, critica o voceiro popular.