Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DENUNCIA RECIBOS DA AUGA ABUSIVOS E DESPROPORCIONADOS POR CULPA DO TRIPARTITO

    • Veciños de Ribadumia están a recibir nestes dias recibos auga de ata 3.000€, que non poden atender debido ao seu elevado importe.
    • O PP de Ribadumia xa advertira desta situación cando o ano pasado o concello pasou ó cobro os recibos da auga sen ler os contadores e cun consumo cero.

     

    Ribadumia, a 11 de setembro de 2017. O Partido Popular de Ribadumia presentou hoxe non Concello de Ribadumia, unha solicitude para que o Alcalde e o seu equipo de goberno solucione o desaguisado dos recibos da auga que están a recibir estes dias os veciños de Ribadumia e, que en casos, ascenden ata os 3.000€, o que supón un 150% do correspondería en condicións normais.

    A Portavoz dos Populares, Salomé Peña, estima que, tendo en conta os lugares do concello nos que NON se fixo lectura de contadores o ano pasado, o problema afecta ao 50% dos fogares e dos veciños de Ribadumia. “hai veciños moi preocupados  pola situación, xa que non teñen forma de atender o pago dos recibos que están a recibir”, lamenta a líder conservadora.

    O problema xorde como consecuencia de que o ano anterior o concello emitiu o recibo da auga sen facer a lectura dos contadores, polo que o consumo que figuraba era cero, o que provoca que o recibo deste ano reflexe un consumo desproporcionado, xerándose con elo un efecto multiplicador do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertido, que gravan de forma progresiva en función do tramo no que se sitúe o consumo. A mais consumo, mais se eleva o Canon da Auga e Coeficiente de Vertido.

    O Partido Popular de Ribadumia xa denunciara fai un ano a deixadez do goberno Tripartito ao emitir recibos a consumo cero , advertindo naquel momento o problema que suporía o próximo recibo (o actual), sen que o Tripartito fixera nada durante todo este tempo por resolver un problema que eles mesmos xeraron.

    No escrito presentado no concello, o Partido Popular solicita ao alcalde, David Castro, a adopción de medidas para paliar o desaguisado dos recibos da auga, propoñendo que se anulen os recibos emitidos e que se devolva os veciños o importe que se pretende cobrar de mais por culpa e neglixencia do concello. Así mesmo reclamase un punto de información e asesoramento onde atender os veciños afectados.