Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda comproba o estado dos colexios de infantil e primaria ante o inminente inicio do curso escolar

    • Os populares lamentan o estado no que os rapaces encontraran os centros de ensino pola falta de mantemento.
    • O estado das zonas infantiles de xogo son unhas das máis afectadas pola falta de mantemento do Concello.
    • Os populares consideran inaceptables as deficiencias na limpeza dos centros que debe asumir o Concello.

     

    Silleda, 10 de setembro de 2017.- Trala rolda de visitas realizadas por membros do Partido Popular de Silleda os centros de infantil e primaria do municipio para comprobar os traballos de mantemento os que ven obrigado o Concello, dende esta formación consideran que dende o Grupo de Goberno Socialista non se está a cumprir coas súas obrigas.

    Os populares lamentan a falta de mantemento dos  centros de educación levada a cabo polo grupo de goberno durante os meses do verán, o que fará que os rapaces non se encontren cunhas instalacións en perfectas condicións para a levar a cabo a súa actividade lectiva.

    Dende o Partido Popular informan que “O grupo de Goberno ven descoidando sistematicamente as súas obrigas, así por exemplo os rapaces do CEIP Silleda terán que comenzar as clases sen que dende o Concello se haxan levado a cabo as tarefas de limpeza básicas, como é a limpeza de cristais que permanecen cheos de polvo e arañeiras.”

    Obrigas básicas de mantemento como a limpeza e unha das tarefas que o Concello ven incumprindo a pesar das peticións formuladas dende os distintos centros escolares. “Non pode ser que dende o grupo de goberno se escatime nos gastos de limpeza, o que fai que por exemplo no CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, que polo personal contratado non se poda levar a cabo a limpeza en condicións das aulas e aseos. Saben que fai falta máis medios para que os rapaces estean nunhas condicións adecuadas, e sen embargo non fan nada por poñerlle solución.”

    Outro dos puntos no que ambos centros, tanto o CEIP Ramón de Valenzuela, en A Bandeira, como o CEIP Silleda comenzan a actividade lectiva con graves carencias, son espazos de xogo infantis, o que incluso fai perigoso que os rapaces podan utilizalos.”No CEIP Ramón de Valenzuela, en A Bandeira, hai xogos que dende o centro tiveron que remendar con cartóns para que os rapaces non se lastimen ó utilizalos, e no CEIP Silleda, hai xogos que levan anos sin ser reparados, ou que simplemente se retiraron, e fan que o espazo de xogo sexa insuficiente para os rapaces.”

    A pesar do que din que fan dende o grupo de goberno, o certo e que o grupo socialista ven mostrando ano tras ano unha falta de sensibilidade inaceptable cos máis cativos ó incumprir as súas obrigas para que os rapaces teñan un entorno adecuado para desenrolar as súas actividades educativas