O PP reafirma o compromiso de ampliar a lonxa de Campelo ante os excelentes resultados de 2018, que a consolidan como a máis importante da Ría

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP reafirma o compromiso de ampliar a lonxa de Campelo ante os excelentes resultados de 2018, que a consolidan como a máis importante da Ría

    • En 2018 a lonxa de Campelo ampliou o seu liderado na ría de Pontevedra, con máis de 6 millóns de euros de vendas (case o 40% do total da ría) e un aumento do 22% fronte a 2017, «un éxito da xestión conxunta das tres confrarías, e mostra do bo traballo dos patróns maiores e todos os profesionais».
    • Para Ángel Moldes, ese éxito fai máis necesaria que nunca unha ampliación da lonxa para que o liderado se traduza na capacidade e modernidade das instalacións e que sexan «acordes á actividade e o traballo que xeran».
    • Moldes, que xa se comprometeu ante as tres confrarías a reformar a lonxa en caso de acadar o goberno a partir de 2019, recordou que os feitos son a mellor mostra do compromiso do PP coa xente do mar, como demostran o dragado do peirao de Campelo e a instalación de pantaláns.

     

    Poio, 9 de xaneiro de 2019. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes valorou moi positivamente os datos de facturación das lonxas da ría de Pontevedra en 2018 publicados pola Xunta nos últimos días, que mostran que a lonxa de Campelo aumentou sustancialmente o seu liderado dentro da ría de Pontevedra.

    A rula campelesa obtivo ao longo de 2018 unhas vendas de 6.204.028 euros, un 22% máis que en 2017, e aumentou a súa posición preponderante ante o resto de lonxas da ría, cun 37,5% da facturación total, sendo ademais a única lonxa, xunto a de Bueu, que aumentou tanto a facturación como as capturas en relación ao pasado ano.

    Así, pese que o conxunto total das lonxas da ría de Pontevedra experimentaron unha reducción na cantidade de peixe e marisco subastado, a de Campelo aumentou tanto as capturas como a facturación. Isto fixo que Campelo incrementase aínda máis a súa distancia co resto das lonxas, consolidando a súa condición da lonxa máis importante da ría, xa que durante a última década aportou un tercio da facturación global de todas as lonxas.

    Todos estes datos, para Moldes, demostran o éxito do modelo de xestión conxunta da lonxa por parte das tres confrarías do fondo da ría, e supón outra mostra «do bo traballo dos patróns maiores e de todos os profesionais», e unha proba da unión e da capacidade de traballo conxunto do sector, «do que os veciños de Poio temos que sentirnos orgullosos».

    Ademais, segundo o voceiro popular, o éxito da lonxa campelesa fai «máis necesaria que nunca» a ampliación das instalacións, unha actuación que para o PP de Poio é absolutamente prioritaria e de feito Moldes comprometeuse en agosto do pasado ano ante os tres patróns maiores a que se o PP consegue a alcaldía en 2019, se porá a traballar inmediatamente en ampliar e modernizar a lonxa, traballando para garantir o financiamento e a colaboración da Consellería do Mar e facilitando o cumprimento de todas as condicións técnicas e urbanísticas necesarias desde o concello de Poio.

    Moldes recordou que o pasado verán reuniuse cos tres patróns maiores de Lourizán, Pontevedra e Raxó para escoitar as súas impresións sobre o sector e trasladarlles as liñas mestras do programa popular para o sector do mar, do que esta ampliación é un pilar fundamental, xa que a xente do mar de Poio «merece unhas instalacións para traballar acordes coa actividade económica, a riqueza e o emprego que xera o sector», recordando que Campelo é tamén a lonxa que máis ingresos supón para a administración, nun sector que crea emprego e é un piar económico e social do noso concello, e cun goberno municipal do Partido Popular esta importancia vaise ver reflexado na xestión municipal, xa que agora mesmo, con Luciano Sobral á cabeza, «o BNG e o PSOE son os peores inimigos do sector do mar de Poio».

    Moldes reafirmou o seu compromiso de ampliar e reformar as instalacións, posto que «a lonxa máis importante da ría merece ter o mellor sitio no que traballar», e subliñou que a mellor garantía do compromiso do Partido Popular son os feitos: «Fronte a outros que viven de anuncios e de vender fume, no PP comprometímonos ao dragado do peirao de Campelo e aí está o dragado do peirao de Campelo, e comprometímonos a facer os pantaláns en Campelo e aí están os pantaláns de Campelo».

    «Se a partir de maio de 2019 Poio ten un goberno do PP, o sector do mar será unha prioridade que merece e a ampliación da lonxa de Campelo será tamén unha realidade».

Add comment


Security code
Refresh