Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Feijoo sinala que para os concellos e os veciños será mellor ter “gobernos que gobernen” como o de Galicia que desgobernos como o de España

    Destaca a importancia do Partido Popular, por ser clave na transformación de Galicia e por conectar coa maioría dos galegos

    • Nos días previos ao 40 aniversario da Carta Magna, reitera que “o Partido Popular está na defensa da Constitución, de principio a fin”

     

    01, decembro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a estabilidade de Galicia fronte aos que gobernan baixo ás ordes de Podemos, nacionalistas e independentistas. É por iso polo que, para o líder do PPdeG, non hai goberno que goberne en España, xa que se atopa sometido a quen lle apoiou na moción de censura -e non aos intereses xerais dos españois-, “ao ditado de Podemos e en débeda permanente con nacionalistas e independentistas.

    Do mesmo xeito, Feijóo indicou que tampouco hai goberno naquelas comunidades nas que o socialismo se apoia neses mesmos socios e naqueles concellos onde o nacionalismo e o populismo son directa ou indirectamente quen pon ou quita alcaldes. Un feito que, tal e como dixo, o que provoca é parálise, división, confusión de prioridades e sectarismo.

    Durante a súa intervención, destacou que “en Galicia si hai un goberno que goberna”, porque o Partido Popular pode desenvolver un proxecto, cada semana aproba iniciativas no Consello da Xunta e contribúe ao progreso da comunidade, cambiando os indicadores negativos por positivos, crecendo en infraestruturas, oportunidades e servizos e ofertando máis prestacións aos galegos. “E exercemos o noso deber cos veciños e non con ningún socio que só busca o seu propio interese partidista”, indicou o líder do PPdeG, quen apuntou que aos concellos da nosa comunidade e aos seus veciños venlle mellor un goberno como o de Galicia que un desgoberno como o de España.

    DEFENSA DA CONSTITUCIÓN

    Nos días previos ao 40 aniversario da Carta Magna, o líder dos populares galegos reiterou que “o Partido Popular está na defensa da Constitución, de principio a fin”. “É –engadiu- a defensa da unidade da nación, a igualdade de todos os españois e o Estado das Autonomías”.

    Para Feijóo é o Partido Popular quen pon en valor o que nos une e non agranda as diferenzas e quen ten ademais unha idea global de España, pero tamén unha idea propia de Galicia. “Os galegos nunca eliximos entre Galicia e España. Non llo permitimos nunca aos que querían renunciar a España e non o imos facer tampouco a quen pretende que renunciemos a Galicia”, dixo.

    A IMPORTANCIA DO PPDEG

    O líder dos populares galegos aproveitou tamén para reivindicar o valor e a importancia do Partido Popular, por ser clave na transformación de Galicia, por saber conectar coa maioría dos galegos e por contribuír sempre ao progreso alí onde gobernou.

    De cara as vindeiras eleccións municipais, Feijóo apelou á unidade e á ilusión para seguir traballando co listón máis alto, exercendo esta vocación de servizo con humildade, con coherencia, cos pés na terra, a carón dos veciños e sempre indo a favor: “A favor do concello, do progreso ou do benestar e non na contra dos outros como principal obxectivo”.

    ESTEBAN GONZÁLEZ, CANDIDATO Á ALCALDÍA DE TOMIÑO

    O líder dos populares galegos, que participou na presentación do candidato á Alcaldía de Tomiño, salientou que “ante os que gobernan só para unha minoría; ante os que se preocupan máis por pedir referendos de independencia, que non queren nin os galegos nin os tomiñeses; e ante os que hai tempo que xa non escoitan a quen precisamente deben servir e representar, eu digo Esteban González”.

    Neste senso, salientou que o candidato combina xuventude e experiencia e que coñece ben as inquedanzas, reclamacións e necesidades do concello.

    PAULA BROUZÓS, COMPROMISO POR GONDOMAR

    Tras o acto en Tomiño, o presidente dos populares galegos asistiu á presentación de Paula Brouzós, candidata á Alcaldía de Gondomar. Avogou porque, logo de case catro anos de tensión e crispación, é o momento de que o concello recupere a ilusión. “Ante as pelexas dos outros partidos, nós unidade e compromiso; ante a xordeira e a cegueira dos que gobernan, nós escoitar porque os veciños de Gondomar están fartos de que as súas reivindicacións caian en saco roto”, indicou.

    COMIDA DE NADAL EN MOS

    Posteriormente, Feijóo asistiu a unha comida de Nadal con afiliados e simpatizantes en Mos, onde o líder dos populares galegos salientou o avance do concello grazas ao actual Goberno: “Se Mos apoiou a Nidia Arévalo é porque escoita e responde ás súas reclamacións; porque practica unha política de feitos en lugar de xestos; e porque o concello é a súa prioridade”, o que segundo Feijóo se pon de manifesto na mellora dos datos de emprego, de benestar e tamén nas súas infraestruturas.