Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • PSOE-UDDL CONTINÚAN APOSTANDO POLA PRIVATIZACIÓN DE DESBROCES E LIMPEZA VIARIA MENTRES MANTEÑEN PARADA A MAQUINARIA E RECURSOS MUNICIPAIS

    • A barredora e o tractor do Concello do Porriño permanecen ainda aparcados nas instalacións municipais mentres se contrata esta maquinaria a empresas externas pese a dispoñer xa de persoal contratado a tal fin en base ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
    • Mentres se desaproveitan recursos, a facturación por limpeza viaria e desbroces continúa castigando as arcas municipais. Argallando unha adaptación á nova lei de contratos os mesmos traballos que antes se facturaban por 18.000 euros e comenzan a rexistrarse por 15.000 euros, evidenciando o fraccionamento para simular contratos menores tal e como informara o Secretario Municipal

     

    O Porriño, 4 de decembro de 2018.- O grupo municipal do Partido Popular do Porriño lamenta que a coalición PSOE-UDDL continúe facendo políticas en contra dos intereses dos cidadáns para favorecer a empresas privadas, gastando o que non teñen e incrementando inxustificablemente o cargo ao Concello que adebeda xa millóns de euros a provedores.

    Tal e como denuncian os populares, a barredora e o tractor do Concello do Porriño permanecen ainda aparcados nas instalacións municipais mentres se contrata esta maquinaria a empresas externas. Pese a dispoñer xa de persoal contratado a tal fin en base ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra -concretamente un condutor de tractor desbrozadora e un operario de vehículo de limpeza viaria- a coalición continúa optando pola privatización destes servizos.

    A incoherencia do executivo presidido por Eva García ponse de manifesto ao incumprir as propias bases da achega da Deputación, que especifica que estas contratacións non se poderán dar se o servizo non é público. Tras escudarse en reiteradas ocasións na imposibilidade de dispor de persoal para estes postos para escusar públicamente o desmesurado gasto en desbroces e limpeza viaria, o Goberno Municipal dispón agora dos mesmos tras aprobar en pleno a privatización destes servizos, incumplindo por tanto as bases das achegas provinciais.

    "De xeito incomprensible continúan apostando pola privatización destes servizos, incluso cando dispoñen de persoal para facer estes traballos continúan asignando contratos `a dedo´ ás mesmas empresas mentres manteñen a súa maquinaria parada e non utilizan os seus recursos", denuncia o presidente dos populares, M. Alejandro Lorenzo.

    Mentres se desaproveitan recursos, a facturación por limpeza viaria e desbroces continúa castigando as arcas municipais. O mecanismo mantense, pero cambian as cifras. Argallando unha adaptación á nova lei de contratos os mesmos traballos que antes se facturaban por 18.000 euros, comenzan a rexistrarse por 15.000 euros, evidenciando o fraccionamento de contratos (inexistentes) que indicaba o Secretario Municipal no seu informe para saltarse os procedementos reglados de contratación simulando contratos menores e impedir que se abra a oferta ao resto de empresas.

    Ao tempo que se acumulan a facturación por contratacións irregulares, sen contrato e sen partida orzamentaria, as empresas continúan recurrindo ao Contencioso Administrativo para reclamar a súa débeda. Ao existir un procedemento penal aberto no que se investiga a varios membros do Goberno Municipal e á propia Alcaldesa por esta facturación irregular, o contencioso paraliza as reclamacións ata que se diriman responsabilidades pola vía penal. Así,a desfeita económica imposta pola coalición PSOE-UDDL continúa castigando a empresarios e autónomos provedores do Concello e dilapidando as arcas municipais. Dende o PP do Porriño denuncian o que entenden como unha clara estafa ao erario municipal e as empresas.