Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Elena Estévez, candidata do PP á alcaldía de Bueu

    • Alfonso Rueda: “Unha decisión da que nos alegramos todos, porque estamos dando o primeiro paso firme para que o PP recupere a alcaldía de Bueu”.

     

    Bueu, 6 de novembro de 2018.- Elena Estévez será a candidata do Partido Popular en Bueu nas eleccións municipais de maio de 2019. Así se confirmou na reunión mantida esta tarde no Hotel Bueumar entre a dirección provincial, presidida por Alfonso Rueda, e a xunta local do partido.

    Rueda amouse moi satisfeito pola decisión tomada por Elena Estévez pois “houbo total unanimidade na súa designación, tanto por parte da xestora local que dirixe neste momento o partido en Bueu, como por parte dos afiliados de base ou a dirección provincial que sempre a vimos como a persoa idónea. Faltaba só que ela aceptara”.

    “Unha decisión da que nos alegramos todos, porque estamos dando o primeiro paso firme para que o PP recupere a alcaldía de Bueu. Elena non só é unha muller querida e respectada polos seus veciños, é ademais unha persoa que coñece perfectamente o concello e cunha extraordinaria capacidade de traballo e de xestión, capaz de ilusionar de novo aos votantes do Partido Popular e a moitos veciños que esperan unha verdadeira alternativa de goberno”, sinalou o presidente provincial.

    Elena Estévez, pola súa parte, explicou que foi unha decisión moi pensada e á vez difícil “porque levaba moito tempo nunha segunda liña, pero tiven en conta á familia, aos amigos e a todos os veciños que se acercaron e me animaron. Algo que me reconforta e que me axudou a aceptar este reto que teño por diante”.

    Sinalou ademais que “intentarei aunar todos os esforzos e recuperar o espazo que sempre tivo o Partido Popular en Bueu. O obxectivo é conseguir o mellor resultado e ese non é outro que recuperar a alcaldía. Ilusión e ganas non me faltan”.

    O presidente da xestora, Manuel Freire, sinalou que o proxecto do BNG está agotado, e é o momento de que o PP presente unha candidatura forte. Explicou ademais que a xestora que dirixe o partido a nivel local, levaba tempo valorando quen podía ser a persoa idónea para encabezar a lista do PP, e todas as opinións nos levaban sempre á mesma conclusión, esa persoa tiña que ser Elena Estévez, ela leva moitos anos neste partido, foi alcaldesa e é capaz de ilusionar e levantar o ánimo aos nosos votantes que nos daban o seu apoio en todas as convocatorias excepto nas municipais, quizais porque nas últimas convocatorias non fixemos as cousas como debiamos. Queremos recuperar a alcaldía e aínda que sabemos que o proxecto do PP é ambicioso cremos que é posible con Elena como candidata, no Comité Local estamos encantados e ilusionados de que aceptara a nosa proposta e que sexa unha realidade”.

    PERFIL  DA CANDIDATA

    Elena Estévez, naceu en 1970 en Bueu. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e traballa nunha empresa da súa familia desde hai moitos anos.  

    Vinculouse hai máis de 20 anos ao Partido Popular, primeiro en Novas Xeracións xunto con Manuel Freire e logo, desde 1999 a 2003, formou parte do equipo de goberno de Tomás Barreiro como concelleira de educación e persoal.

    Exerceu como voceira na oposición  durante un ano e foi alcaldesa de Bueu desde 2004 a 2007.