Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP, esta lexislatura «demostrou a hipocrisía do BNG de Poio»

    • Destacan que despois de impedir a instalación do campo de golf en Poio e criticar que se puxese en Meis, polo impacto e por “ser un capricho para ricos”, o BNG leve propostas de colaboración á comisión de cultura, «e sexan os primeiros en apuntarse».
    • Para Rocío Cochón, os nacionalistas «son expertos en dicir unha cousa e facer outra», xa que critican as privatizacións e son os primeiros en privatizan, rexeitaron o porto deportivo de Combarro e agora presumen del, protestan polos impostos de outras administracións e son incapaces de rebaixar os de Poio...

     

    Poio, 6 de novembro de 2018. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón denunciou este martes «a hipocrisía absoluta do BNG de Poio», subliñando que ao longo dos últimos anos, e especialmente durante a presente “lexislatura”, os nacionalistas demostraron ser expertos en dicir unha cousa e facer outra.

    Entre outros exemplos, a edil popular expresou a súa sorpresa despois de ver como os membros do goberno do BNG presumían do porto deportivo de Combarro despois de coñecerse que foi a dársena con maior tránsito de barcos este último verán.

    Cochón dixo estar sorprendida polo “repentino orgullo” do BNG poiense por este porto deportivo despois de estar sempre en contra da súa construción, ao igual que estiveron contra a creación dun vial entre os peiraos de Chousa e da Canteira, obras de administracións do Partido Popular ás que os nacionalistas se opuxeron ferozmente «e das que agora presumen».

    Cochón indicou que esa hipocrisía é unha constante no Bloque Nacionalista Galego, que «di mantén unha cousa por diante e fai outra por detrás en toda Galicia», pero especialmente en Poio, onde «critican de boquilla as privatizacións pero son os primeiros que privatizan todos os servicios municipais que poden», van a manifestacións polo saneamento da ría «e son os responsables de que Poio non teña depuradora», ou protestan polos impostos de outras administracións e son os culpables de que os veciños de Poio paguen algúns dos impostos e taxas máis altos de Galicia.

    Para Cochón, o mellor exemplo desta hipocrisía é a actitude dos nacionalistas en relación ao campo de golf de Silván de Armenteira en Meis, xa que despois de numerosas protestas, que evitaron que o campo se ubicase en Poio, e mesmo de criticar durante anos a súa construción en Meis, esta primavera o BNG de Poio levou a comisión de cultura a realización dunha serie de actividades en colaboración co campo de golf, incluida a inscrición dos rapaces e rapazas do municipio.

    Cochón felicitou aos nacionalistas por este repentino cambio de criterio, e celebrou que nestes anos descubrisen as virtudes dun novo deporte, pero destacou que a nova actitude do BNG só se pode explicar desde a hipocrisía máis absoluta: «É sorprendente que os responsables de que Poio quedase sen  esta instalación agora colaboren co campo e organicen actividades, pero podían telo pensado», explicou Cochón.

    «Ao fin e ao cabo, o posible impacto ambiental pouco cambiou por uns centos de metros de diferencia», apuntou a concelleira popular, que subliñou a sorpresa que produce hoxe en día ver como os nacionalistas, «que protestaban pola creación dun “capricho para ricos”, son os primeiros en apuntarse» a botar uns buratos.