Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Marta Domínguez, presidenta da Comisión Organizadora do Congreso do PP do Grove

    • Todos os afiliados que aspiren á presidencia do partido terán ata o  20 de febreiro para presentar un escrito no que declaren a súa intención de ser candidato.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 85 avais e o prazo para a súa presentación remata o  9 de marzo. 

     

    O Grove, 08 de febreiro de 2017.- A Xunta Directiva Local do Partido Popular do Grove deu luz verde á celebración, o próximo 11 de marzo do seu IX Congreso Local, no que terán dereito a voto os máis de 590 afiliados do PP local.

    A xunta directiva aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por Marta Domínguez Sineiro (concelleira do PP desde 2011 ata a actualidade). A acompañarán Rafael Prol Caneda e Alejandra Lamas Domínguez. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, momento no que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP do Grove que aspiren á presidencia do partido terán que presentar ante a Comisión Organizadora do Congreso un escrito no que declaren a súa intención de ser candidato antes do 20 de febreiro ás 20.00 horas e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 85 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 9 de marzo ás 12.00 horas.  

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.