Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR PIDELLE O ALCALDE QUE RECTIFIQUE E REABRA O TRÁFICO AS RÚAS DE SILLEDA O SÁBADO POLA MAÑÁN

    Silleda, 21 de maio de 2020. O Partido Popular solicitalle o goberno municipal que revise a súa decisión de peatonalizar os sábados pola mañan as rúas no centro de Silleda tal e como xa fixo nas dúas últimas semanas.

    Para os populares esta decisión, que foi adoptada unilateralmente polo goberno municipal, está cando menos demostrando a súa ineficacia os sábados pola mañan a xuício do voceiro dos populares. “Según pudemos comprobar nestas dúas últimas semanas, tanto con bo tempo como con mal tempo, os sábados pola mañán a presencia de xente nestas rúas que se peatonalizaron e moi baixa e sin embargo esta causando un efecto moi perxudicial no comercio local instalado nestas rúas, polo que o final a medida non lle supón un beneficio a ninguén, motivo polo que lle pedimos o Alcalde que as deixe abertas a circulación cando menos os sábados pola mañán.”

    Ignacio Maril referiu tamén queixas dos veciños polo funcionamento e as medidas adoptadas para facer o corte do tráfico “Vimos como se fixo o corte de tráfico con improvisación e sin informar suficientemente os veciños o que causou moitos inconvintes o primeiro fin de semana, e neste último fin de semana producironse moitas aglomeracións de xente e algúns coches non respetaron a prohibición de circulación a pesares do corte das rúas, polo que o Concello debe reforzar a presencia da policía local para evitar que se repitan estas situacións nos sucesivos fins de semana, e evaluar que esta medida non supoña un foco de aglomeración de xente.”

    Os populares xa mostraron a súa sorpresa cando o Alcalde lle trasladou a súa intención de peatonalizar as rúas dende o sábado pola mañán, e a realidade demostrando que non e o máis axeitado. “Se non houbera dado a espantada na reunión de mobilidade na que se convocou os veciños, podería haber escoitado o parecer dos comerciantes en relación con este tipo de medidas, pero xa que non quixo dar a cara nese momento e escoitalos, debe rectificar agora e enmendar esta decisión. Os comerciantes non merecen este trato, e menos neste momento, e o que menos precisa Silleda e máis rúas Cartaxena.”