Ana Alonso presidirá a xestora do PP de Redondela tras a renuncia de Javier Bas

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ana Alonso presidirá a xestora do PP de Redondela tras a renuncia de Javier Bas

    • O actual presidente local renuncia tamén á acta de concelleiro por motivos laborais.
    • A nova xestora será a encargada de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

     

    Redondela, 15 de xullo de 2018.- O Partido Popular nomea unha xestora en Redondela, que estará presidida pola ex concelleira Ana Alonso. Así o acordaron na xunta local do partido, presidida polo presidente provincial, Alfonso Rueda, que se celebrou hoxe despois de que Javier Bas anunciase o seu cese como presidente local e como concelleiro e voceiro do grupo municipal por motivos laborais.

    O órgano, que será refrendado na próxima reunión do Comité Executivo provincial, será a encargada de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños, como partido máis votado nas últimas eleccións municipais.

    Ademais da ex concelleira e membro da última directiva local, Ana Alonso, como presidenta, a xestora estará formada por María Carmen Amoedo, concelleira e deputada provincial, que será a vicepresidenta; Susana Cabaleiro, secretaria xeral; e Alberto Pazos, deputado autonómico, como voceiro.

    Mari Carmen Bastos será a secretaria de Organización, Arturo González será o tesoureiro e María José Barciela levará a área de Enlace e Coordinación Parroquial

    Alfonso Rueda agradeceu a implicación e o traballo de Javier Bas durante todos estes anos como alcalde e como presidente do partido. “Asumiu un liderazgo incuestionable, defendeu os intereses de Redondela e traballou de xeito comprometido por todos os seus veciños, e os resultados electorais avalaron o seu traballo. O PP ganou as eleccións municipais, Javier Bas foi o candidato que recibiu máis apoios, e iso non hai que esquecelo”. Ademais, agradeceu ás persoas que integran a nova xestora a súa dispoñibilidade e o seu compromiso para seguir reforzando o partido neste concello.

Add comment


Security code
Refresh