← Novas

O PP acusa a AENA e ao Concello de Vigo de acabar con Aeroporto de Peinador ata situalo coa oferta máis raquítica do norte de España e avoga pola colaboración entre administracións

3 min

Os candidatos do PP ao Congreso dos deputados Julio García Comesaña e Irene Garrido, as candidatas ao Senado Nidia Arévalo e Mónica Domínguez e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, compareceron esta tarde no Aeroporto de Peinador para abordar a súa delicada situación e acusaron a AENA, titular da instalación e dependente do Ministerio de Transportes, e ao Concello de Vigo de acabar con este recinto aeroportuario ata situalo coa oferta máís raquítica do norte de España, con só catro destinos con voos regulares a Madrid, Barcelona, Tenerife e Gran Canaria.

Neste senso, os representantes populares avogaron pola colaboración entre todas as administracións como única saída para o futuro de Peinador que permita ampliar os destinos e as frecuencias e supoñer unha alternativa funcional de mobilidade para os cidadáns

Así, os candidatos do PP lamentaron que as administracións rexidas polo PSOE esmorezan o aeroporto con actitudes distintas e non ofrezan ningunha solución real: “AENA debería liderar este proceso porque é a dona do aeroporto, pero leva anos e abandono e pasotismo cun claro esquecemento cara Vigo, mentres Abel Caballero bloquea todas as demais propostas e segue insistindo en solucións que xa se demostraron que non funcionan, como é a subvención ás aeroliñas”.

“Non é admisible que a 14ª cidade de España e unha provincia con 950.000 habitantes teñan un aeroporto totalmente infrautilizado e que ao Ministerio de Transportes non lle importe, porque aí están investidos moitos millóns de euros aos que se lles saca un escaso rendemento”, manifestou Comesaña, que sinalou que un futuro Goberno de España presidido por Alberto Núñez Feijóo atenderá a esta instalación aeroportuaria tras anos de abandono.

Os representantes do PP defenderon a cooperación entre institucións como a única saída para o futuro do aeroporto e sinalaron que o Pacto por Peinador impulsada por Luisa Sánchez “é a vía acertada”, pero criticaron que teña que superar o pouco entusiasmo de AENA, que sería quen debería liderar este proceso, e o entorpecemento do Concello. “Temos que aliñar todas as administracións para que revitalizar Peinador e iso pasa, en primeira instancia, por un Goberno de Feijóo a partires do 29 de novembro”, sinalaron.

POLÍTICA AEROPORTUARIA NEGATIVA

Pola súa banda, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, lamentou que a política aeroportuaria do Goberno de España provocase “consecuencias negativas” en Peinador. “A suba das taxas defendida polo ministro Óscar Puente espantou do noso aeroporto á compañía líder en Europa, que xa anunciou a súa disposición a volver se se reverte ese incremento. Malia o revulsivo que este regreso podería supoñer, o Ministerio de Transportes prefire ignorala”, indicou.

Luisa Sánchez defendeu o Pacto por Peinador como unha folla de ruta para que cada administración asuma as súas responsabilidades e se implique na recuperación do aeroporto. Neste sentido, puxo en valor o traballo desenvolvido coa súa recente participación en Routes World, a principal feira internacional de conectividade aérea, onde mantivo contactos con seis compañías aéreas para explorar novas rutas. “O potencial turístico e económico da nosa provincia, xunto cos incentivos públicos, atraerán máis conexións se todas as institucións traballan xuntas”, finalizou.

Novas