← Novas

Comesaña lamenta a falta de apoio político de Sánchez para que o Porto de Vigo sexa nodal e critica a “flagrante discriminación” nos investimentos respecto a outros de España

2 min

O cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, fixo un balance moi negativo dos máis de oito anos de Pedro Sánchez para o Porto de Vigo centrándose en dúas cuestión fundamentais, como foron a falta dun verdadeiro apoio político para que esta infraestrutura sexa calificada como nodal ao abeiro da Rede Transeuropea de Transporte (TEN-T) e a “flagrante discriminación” nos investimentos estatais con respecto a moitos outros de España.

O candidato popular compareceu no peirao olívico, acompañado polas súas compañeiros no Parlamento galego Patricia e Dolores Hermelo, para criticar “os oito anos de abandono do Goberno de España” ao porto de Vigo malia ser o primeiro de España en peixe fresco, un referente mundial na comercialización de produtos do mar, líder nacional e dos máis importantes de Europa en tráfico de vehículos e pioneiro na implementación da estratexia da economía azul sostible.

Para corrixir esta evidente falta de apoio, Comesaña esixíu ao Goberno que “apoie desde xa mesmo coa decisión que lle faltou ata agora” a candidatura de Vigo a porto nodal “para chegar cos deberes feitos” á nova convocatoria prevista para o ano 2027 “porque non hai ningún traballo feito e estas cousas non se conseguen nun día, polo que se persisten nesta actitude vaise acabar deixando pasar outra oportunidade histórica que o porto non se pode permitir”.

Pola súa banda, García e Hermelo advertiron que a consideración de nodo central da rede europea “non é un privilexio para Vigo”, senón unha cuestión imprescindible para reforzar a competitividade das empresas, recibir investimentos e acceder a novas oportunidades de financiamento, como pode ser o caso dos fondos comunitarios.

As dúas deputadas puxeron o foco na “falta de implicación” do Executivo central co porto de Vigo para medrar, aumentar de categoría, ter máis peso en Europa e recibir os investimentos que lle corresponden, malia que destacaron o “incansable traballo” da Autoridade Portuaria para reclamar todas as necesidades desta infraestrutura e para impulsar, malia as dificultades impostas desde Madrid, accións en materia de modernización, innovación, sustentabilidade e dixitalización.

TRES VECES MENOS FONDOS QUE OUTROS PEIRAOS

Noutra orde de cousas, Comesaña tamén abordou o aspecto dos investimentos deseñados e aprobados polo Goberno de Sánchez para o porto vigués e considerou que as cifras demostran unha vez máis “o castigo, discriminación e recurtes aos que somete á nosa provincia durante oito anos”.

Así, concretou que o plan económico do Ministerio de Transportes para o período 2025-2029 destina, nalgúns casos, máis de 600 millóns de euros para outros portos do Estado e, fronte a isto, só vai adicar 193 millóns a Vigo para un novo silo de vehíxulos e o apartadeiro ferroviaria da Plisan.

“Non é admisible que a comparativa arroxe que haxa portos que tripliquen os fondos de Vigo. Non queremos quitarlle nada a nadie, pero merecemos alomenos o mesmo trato porque Vigo non é menos que ninguén, pero Sánchez maltratounos todo o tempo”, concluiu Comesaña.

Novas