Pepa Pardo denuncia no Senado que o Goberno aplica un “trato diferente” con Galicia na xestión do litoral
Martes, 13 de febreiro de 2024.
A senadora por Pontevedra e portavoz de Xustiza do Grupo Parlamentario Popular, Pepa Pardo, denunciou no Senado o “trato diferente” do Goberno de Sánchez con Galicia en relación á xestión do seu litoral, á vez que asegura que “ao PSdG nin lle importa nin lle interesa o que lle afecta a Galicia.
Pardo criticou a ausencia da senadora do BNG, Carmen da Silva, o que amosa que a pesar de ser senadora por designación autonómica, non ten interés ningún por defender os intereses de Galicia nin dos galegos
Tras lembrar o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Executivo contra a Lei de Ordenación e Xestión Integral do Litoral de Galicia, o pasado mes de outubro, Pepa Pardo preguntou “por que o Goberno non convocou a comisión bilateral de cooperación para limar asperezas” e estudar a posible inxerencia nas competencias do Estado.
“Por que en Galicia recórrese directamente sen escoitar á Xunta, cando os mesmos artigos da lei se consideraron constitucionais na lei de Cataluña?”, denuncia a senadora do GPP. Pepa Pardo lembra tamén que mentres o Goberno interpoñía recurso de inconstitucionalidade contra a lei do litoral de Galicia, “Pedro Sánchez asinaba co PNV exactamente aquilo polo que levou a Galicia ao Tribunal Constitucional”. Así, a senadora do PP afirmou que Sánchez “nega a Galicia o que regala ao País Vasco polo mero feito de necesitar os seus cinco votos para manterse na cadeira de brazos da Moncloa”.
Lembrque o Goberno de Sánchez xa anunciou a súa intención de recorrer antes de coñecer o informe do Consello de Estado: “A interposición do recurso foi política e non xurídica”, reprocha á bancada socialista. “Que fixo Galicia a este Goberno para recibir semellante trato?, reitera.
Ademais, Pepa Pardo sinalou que a Lei de Xestión do Litoral de Galicia aprobouse “sen un só voto en contra e coa participación e o consenso de concellos, do sector pesqueiro, a cadea mar-industria e das universidades galegas”.
“Vostedes pasaron do si á abstención” por unha chamada de Madrid, reprocha a senadora popular aos socialistas, tras o que lembra que o PSdeG apoiaba a lei do litoral da Xunta de Galicia ata que recibiron a orde do Goberno central.
Ao deixar en suspenso a lei autonómica do litoral, Pepa Pardo reprocha a Sánchez que deixou a Galicia “nunha situación de parálise”, ademais de “poñer en risco o futuro de 4.000 edificacións, máis de 100 industrias asentadas nas nosas costas e ameazar preto de 40.000 postos de traballo vinculados coa cadea mar-industria”.
Por último, a senadora por Pontevedra destaca que o Partido Popular “non vai consentir que se trate a Galicia como unha Comunidade de segunda porque sempre se caracterizou pola súa lealdade