Paula Prado esixe a Pontón a dimisión da edil do BNG da Estrada e critica “o feminismo de pancarta pero non en defensa das mulleres”

15, xullo, 23.-

A secretaria xeral do PPdeG esixiu a dimisión da concelleira do BNG da Estrada, Vanesa Iglesias Casal, polas súas palabras de onte en referencia á dolorosa perda do fillo que esperaba Isabel Díaz Ayudo: “Se Ana Pontón non pide a dimisión desa concelleira, entón é cómplice desas palabras”

Criticou dos nacionalistas o seu “feminismo de pancarta e de slogan pero non en defensa dos dereitos da muller” e recordou o seu apoio á Lei do só si é si que “converteu os dereitos das mulleres nun paso atrás coa redución de penas a máis de 1.000 pederastas e agresores sexuais e a saída do cárcere antes de tempo de 117 delincuentes”

En clave electoral, Paula Prado subliñou que “quedan oito días para derrogar o sanchismo que nada bo trouxo nin para Vigo nin para Galicia” e fixo un chamamento ao voto útil “para que en España se faga política galega da man dun galego ao que todos coñecemos e os vigueses especialmente”

“O próximo 23 de xullo daremos un verdadeiro paso adiante apoiando a Alberto Núñez Feijóo e as súas políticas”, concluíu antes de remarcar que “o voto que une a centrodereita é o voto ao PP” e que calquera outro “só servirá para que Pedro Sánchez siga na Moncloa”

 

ANA PASTOR: “ASPIRAMOS A GOBERNAR DEPENDENDO SÓ DOS CIDADÁNS”

Tamén a cabeza de lista ao Congreso pola provincia pediu o voto “de todas as persoas que aínda non o decidiron pero teñen claro que queren un cambio” porque “é fundamental a unidade para ter unha maioría suficiente e poder gobernar dependendo só dos cidadáns”

“É o momento de elixir entre un presidente galego que demostrou que é posible facer política sen confrontar e pensando nos cidadáns ou un presidente que chegou ao Goberno mentindo e se marchará da mesma forma”, asegurou

Ana Pastor referiuse así a cando Pedro Sánchez aseguraba que nunca pactaría con Podemos nin con Bildu e a cando nega agora que enviou a Bruxelas un documento onde se recolle que en 2024 os españois terán que pagar por circulas polas autovías

“E está mentindo tamén aos españois cando afirma permanentemente que o único proxecto é o seu cando, en realidade, non aspira a gañar, senón a gobernar con outra candidata que é Yolanda Díaz”, engadiu