Os orzamentos da Xunta destinen aos concellos do Morrazo e da comarca pontevedresa máis de 15M de euros
Pontevedra, 23 de outubro de 2023.-
O deputado Manuel Santos, a alcaldesa de Marín, María Ramallo e o alcalde de Poio, Ángel Moldes compareceron en rolda de prensa onde destacaron a aposta da Xunta polos concellos do Morrazo e da comarca pontevedresa que contarán no ano 2024 cun orzamento de máis de 15 millóns de euros.
Na presentación dos orzamentos, onde estiveron acompañados de alcaldes e portavoces dos concellos da comarca, resaltaron que o Goberno galego vén de aprobar os orzamentos máis elevados da súa historia para investir en estabilidade, nas persoas e no futuro, ademáis de consolidar todas as rebaixas fiscais que estaban en vigor.
“Unhas contas que reflicten o compromiso da Xunta con esta comarca, que reflicten que o Goberno galego cumpre cos nosos concellos, que non para de traballar e de acadar obxectivos”, indicou Manuel Santos
As actuación máis importantes recollidas nas contas galegas para os concellos da comarca de Pontevedra, segundo explicou Ángel Moldes, unha inversión de 2M euros para o acondicionamento da PO230, PO 240, PO 235; o proxecto do novo centro de Barro; a ordenación dos usos na vía de acceso ao porto de Raxó, que conta con 640.000€; a ampliación de atraques en San Adrián de Cobres e a mellora do saneamento en Tenorio, entre outros.
Na comarca do Morrazo, segundo explicou María Ramallo vanse investir 11.4M euros nos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña, onde destacan as obras de conservación no Museo Massó de Bueu con preto de 280.000€; as melloras na lonxa e nave de deportes naúticos de Aldán que suman preto de 720.000€; a 2ª fase da PO 546, cun orzamento que supera o mlllón de euros; a rehabilitación e mellora no peirao meixolleiro con 484.000€ e 3.8M euros para o novo centro de saúde de Moaña. Ademais, a comarca do Morrazo contara con 500.000€ para melloras de mobilidade
Provincia Pontevedra
Ademais, a Xunta vai invertir a maiores en toda a provincia 6.6M euros para o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana con sendas peonís e ciclistas, preto de 5M euros en melloras da seguridade viaria, 6.8 M euros en reforzo do firme e conservación; e máis de 10M euros da Axencia de Turismo para infraestruturas turísticas, no Camiño de Santiago e na rede de albergues, entre outros, ademáis de seguir apoiando a promoción e difusión do turismo na nosa provincia.
No eido deportivo cabe destacar as transferencia a entidades, federacións e técnicos, as axudas á fundación deporte galego, o bono deportivo dotado con 6.4M euros para a provincia; e o Plan específico de acción comunitaria destinados a asociación rurais, que conta con 1.7M euros; case 1M euros para os consorcios provincias contraincendios; 22.M euros para accións formativas cualificación desempregados e 12.4M para Obradoiros Duais de emprego 2024-2025.
No eido de Política Social, a provincia conta con 90M euros para funcionamento de de centros públicos, preto de 12M euros para tarxeta benvida e bono coidade e máis de 20 M euros gratuitade escolas infantís.
CONCELLO | ACTUACIÓN | IMPORTE 2024 |
A LAMA | ACONDICIOMANENTO PO 230 PO24 PO235 | 2.000.000 € |
BARRO | PROXECTO NOVO CENTRO SAÚDE BARRO | 200.000 € |
POIO | REHABILITACIÓN DOS DEPARTAMENTOS PARA USUARIOS COMBARRO | 121.000 € |
POIO | ORDENACIÓN USOS NA VÍA ACCESO AO PORTO DE RAXÓ | 640.000 € |
POIO | NOVO BOMBEO E DEPÓSITO RETENCIÓN DE A SECA E MELLORA EBAR PORTO CAMPELO | 160.000 € |
VILABOA | AMPLIACIÓN DE ATRAQUES EN SAN ADRIÁN DE COBRES | 121.000 € |
PONTECALDELAS | XESTUR | 20.613 € |
CERDEDO-COTOBADE | MELLORA SANEAMENTO TENORIO | 20.000 € |
BUEU | MELLORA DA NAVE DE REDES | 196.625 € |
BUEU | OBRAS CONSERVACIÓN MUSEO MASSÓ. BUEU | 276.632 € |
CANGAS | NOVOS DEPARTAMENTOS E REMOLEDACIÓN LONXA ALDÁN | 476.740 € |
CANGAS | AMPLIACIÓN E MELLORA NAVE DEPORTES NÁUTICOS ALDÁN | 242.000 € |
CANGAS | PXOM | 50.749 € |
MARÍN | RM MARIN | 500.000 € |
MARÍN | 2ª FASE ACONDICIONAMENTO ESTRIBELA E TRAMO URBANO MARÍN PO 546 | 1.070.000 € |
MARÍN | MELLORA SANEAMENTO MOGOR | 80.000 € |
MARÍN | MELLORA SANEAMENTO RÍO LAMEIRA | 970.000 € |
MOAÑA | APARCAMENTO DISUASORIO PO551º | 160.000 € |
MOAÑA | REHABILITACIÓN E MELLORA DO PEIRAO MEIXOLLEIRO | 484.000 € |
MOAÑA | REFORMA NAVE SOCIEDADE DEPORTIVA TIRÁN | 157.300 € |
MOAÑA | OBRA NOVO CENTRO SAÚDE | 3.800.000 € |
MOAÑA | OBRA REFORMA ESTRUTURAL CENTRO SAÚDE DOMAIO | 119.000 € |
MELLORA MOBILIDADE MORRAZO | 500.000 € |