O presidente do PP Provincial de Pontevedra Luis López anima aos pontevedreses a participar na concentración “Pola Igualdade dos Españois” que terá lugar este domingo na Praza da Peregrina

Xoves, 9 de novembro de 2023.-

O presidente do PP provincial de Pontevedra, Luis López, acompañada da secretaria xeral, Luisa López e das representantes da provincia no Congreso e no Senado, Ana Pastor e Nidia Arévalo, respectivamente, animou hoxe aos pontevedreses a participar na concentración que terá lugar este domingo 12 de novembro ás 12.00h na Praza de Peregrina.

“O domingo 12 ás 12h todos os cidadáns españois concentrarémonos para defender a igualdade e a dignidade de España”, indicó u López. .Fixo especial fincapé en que non se pode permitir que a costa de poder seguir na cadeira do Goberno, Pedro Sánchez estea levando a España a unha completa deriva cos seus pactos e acordos cos socios independentistas e comunistas.

“Todos unidos, todos xuntos temos que deixar ben claro que non todo vale. Non imos quedar calados e non imos olerar semexante despropósito. Non nos imos  quedar quietos e consentir  que se leven a cabo aberracións deste calibre”, destacou Luis López.

Nesta mesma liña, recalcou que o Partido Popular non está disposto a aceptar as cesións de Pedro Sanchez ante o independentismo en nome do noso país.  E animou a todos os cidadáns a que o domingo dende Pontevedra se diga moi claro ao Goberno de España que non á amnistía e si á defensa pola  igualdade e a dignidade de España.

“Pedro Sánchez está traspasando liñas vermellas e non o imos consentir. As súas decisións están provocando a indignación e a vergoña dun país entero con decisións inaceptables, inexplicables e moi difíciles de dixerir por parte de todos os españois”, concluíu Luis López.