O PP de Pontevedra traslada ás Anpas, mestres e representantes do sector da provincia de Pontevedra o acordo asinado recentemente cos sindicatos educativos

Pontevedra, 26 de outubro de 2023.-

O presidente do PP provincial de Pontevedra, Luis López, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez mantiveron unha xuntanza con máis de 140 membros das Anpas, mestres e representantes do sector educativo da provincia.

Román Rodriguez deu conta do acordo histórico selado recentemente entre Xunta e sindicatos co obxectivo, segundo precisou, de levar a cabo unha mellora estrutural do sistema educativo que senta as bases do ensino da próxima década en Galicia, onde tamén introdúcense melloras na carreira profesional docente con incrementos retributivos do 20 % nos complementos por formación e por funcións de titoría e de 60 euros máis ao mes por desempeñar funcións directivas. Redúcese tamén o horario lectivo dos mestres de 25 a 23 horas á semana, o que sitúa a Galicia no grupo de cabeza das comunidades con menos horas.

Destacou tamen que se reducen as ratios de alumno por aula ao pasar dos 25 actuais aos 20 en Infantil e Primaria, dos 30 aos 25 en ESO e dos 33 aos 30 en Bacharelato. Ademais de poner en valor a mellora na atención á diversidade no caso dos alumnos con necesidades específicas de atención, xa que, para efectos de ratios, computarán por dous ou por tres en función do grao de dependencia acreditado.