O PP de Pontevedra mantén unha xuntanza con arredor de 50 avogados e procuradores para informarlles que nos orzamentos do Goberno galego deste ano están incluídos 14,2M€ para a asistencia xurídica gratuíta
Martes, 30 de xaneiro de 2024.
Os candidatos pola provincia de Pontevedra, María Martínez Allegue e Alberto Pazos mantiveron esta tarde unha xuntanza con arredor de 50 avogados e procuradores da cidade do Lérez, onde ademáis de escoitar as súas propostas e demandas, avanzaronlle que nos orzamentos da Xunta para este ano, están incluídos 14,2M€ para a asistencia xurídica gratuíta, sendo Galicia unha das CC.AA que mellor retribúe os profesionais da quenda de oficio. A reunión tamén asistiu a senadora e concelleira pontevedresa, Pepa Pardo.