O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a Galicia despois do anuncio feito no que se adia a liña do AVE Vigo–Lisboa e solicitan unha inmediata rectificación
Vigo, 26 de outubro de 2024.-
O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno de Pedro Sánchez discrimine a Galicia, despois do anuncio feito no que se vai priorizar a liña de alta velocidade de Lisboa a Madrid e pospón a conexión de Lisboa a Vigo. Polo tanto, unha vez máis, o Goberno de España demostra que non cumpre os seus compromisos con Galicia.
Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e Pedro Puy; así como membros da corporación municipal, manifestaron a súa repulsa e rexeitamento contra esta decisión do Goberno central, que deixa nun segundo plano a Galicia e solicitan unha inmediata rectificación sobre esta decisión.
“Non temos nada en contra das conexións de AVE con outros territorios, pero non en detrimento de Galicia. O Goberno central non deixa de actuar contra Galicia no ámbito ferroviario”, indicaron os populares, que hoxe se reuniron diante da estación de Urzáiz para manifestar os seu malestar sobre a decisión”, indicou Julio García Comesaña.
Os populares indicaron que Galicia leva moito tempo reclamando un calendario con planificación e orzamentos e traballando en coordinación co Goberno portugués na saída sur de Vigo, que co estado actual de tramitación as obras non estarían acabadas, como pouco, ata finais de 2034, prazo incompatible coa promesa de que a conexión sexa unha realidade en 2032; co impulso do treito ata a fronteira portuguesa desde O Porriño, con estudos parados dende 2011; e coa necesidade da construción e financiación da nova ponte internacional.
Julio García Comesaña explicou que existe un amplo consenso á hora de considerar que o tren de alta velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal é unha infraestrutura prioritaria e de vital importancia para mellorar a mobilidade dos cidadáns a un e a outro lado da fronteira. Tamén en que para facelo realidade é imprescindible intensificar ou compromiso coa posta en marcha desta infraestrutura cunha mellor planificación, orzamentos e co establecemento de prazos realistas e concretos.
O deputado popular lembrou que baixo esta premisa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Antonio Cunha, subscribiron en Valença do Minho un manifesto para esixir ante os seus respectivos gobernos estatais os investimentos e un calendario encamiñados a garantir a conexión de alta velocidade entre Vigo-OPorto.
A esta petición sumáronse diferentes actores do tecido social e económico galegos como son as confederacións de empresarios de Galicia e das catro provincias; as deputacións de Lugo, Pontevedra e Ourense; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) Norte de Portugal, Río Miño e Chaves-Verín. Tamén se uniron as universidades de Santiago e Coruña e os consellos sociais das tres universidades; o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal; e a Fundación de Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER).
O pasado 9 de outubro, ademais foi aprobada no Parlamento de Galicia unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que se instaba a que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, para o que é imprescindible e urxente un calendario coas actuacións e investimentos precisos para facelo realidade no prazo máis breve posible e, en particular, unha reserva orzamentaria suficiente para acometer a saída Sur de Vigo; e avanzar non tramo que vai entre Porriño e a fronteira portuguesa”
Este compromiso pedíaselle tamén ao Goberno de España no cumio co Goberno Portugués o 23 de Outubro. “Pois ven, nese cumio, o Goberno de España fixo oídos xordos a esta petición e deu prioridade a liña Madrid- Lisboa, ao contrario que fixo o Goberno Portugués, como xa adiantara ou seu secretario de estado, Victor Espírito Santo, polo que hai máis dubida aínda de que os prazos para a liña Vigo Porto que manexa o Goberno Español poidan ser cumpridos.
“O Partido Popular reclama e esixe ao Goberno de España que intensifique definitivamente o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, na mesma liña e en coordinación que acaba de facelo o Goberno Portugués”, indicou o deputado popular, Julio García Comesaña.