O PP de Pontevedra lamenta a completa deriva e falta de ética do BNG burlándose día tras día dos galegos coas inexistentes rebaixas na AP-9 e a AP-53
Martes, 16 de xaneiro de 2024.-
O coordinador comarcal do PP no Deza, Román Rodríguez amosou a súa incredulidade ante a visita de onte a Lalín da candidata do BNG, Ana Pontón, onde anunciou que ía negociar o rescate da AP-9 e da A-53 coa creación dunha comisión bilateral entre a Xunta e o Goberno Central en caso de alcanzar a presidencia.
Román Rodríguez indicou que “estamos observando que o BNG non está tendo moi claro o que está a pasar ni o que están a facer en Madrid. Primeiro, presumen de ter conseguido co Goberno de España a rebaixa das peaxes da AP-9, e agora van a Lalín, segundo eles, para coñecer de primeira man os efectos do encarecemento das peaxes para os usuarios da AP-9 e a AP-53”.
“Non se pode entender que se chegue a este punto de mentiras. O BNG está amosando unha deriva total, van de despropósito en despropósito, e están ríndose dos galegos. Ë realmente incríble a falta de ética do BNG que día tras día minte e estase burlando dos galegos e das galegas coas súas posturas e declaracións sobre a AP-9 e a AP-53. Seamos serios”, reclamou Román Rodríguez.
A candidata do BNG comprometeuse onte a negociar o traspaso e rescate da AP-9 e da A-53 coa creación dunha comisión bilateral entre a Xunta e o Goberno Central en caso de alcanzar a presidencia. “Non só anuncia outra vez algo que ven de lonxe, senón que tamén anuncia que vai conseguir a súa gratuidade. Que traballen o que teñan que traballar en Madrid co único deputado que teñen, e deixen de marear e de tomar o pelo aos nosos cidadáns”, lamentou Rodríguez.
“Temos as peaxes das máis caras de España: a AP-9 e a AP-53, que agora se encarecen máis que nunca cunha alza de case un 7% no caso da AP-9 e de máis dun 5% na AP-53. Unha autentica barbaridade para os petos dos galegos e das galegas, que se teñen que desprazar por ambas autoestradas”, lamentou o coordinador do PP no Deza.
Roman Rodríguez indicou que, menos mal, que os galegos e galegas teñen un Goberno do PPdeG, que xa adiantou para este ano a conxelación e bonificación dos prezos das súas autovías e que prorroga do desconto do 50% no transporte público autonómico.