O PP de Pontevedra incide na importancia da boa xestión dos fondos europeos, e máis aínda nun asunto tan importante para os cidadáns como é o acceso a unha vivenda.

Martes, 4 de xuño de 2024.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, e a  conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron esta mañá a zona de Valdelcorvos, na cidade de Pontevedra, onde Luís López incidiu na importancia da boa xestión dos fondos europeos, e máis aínda nun asunto tan importante para os cidadáns como é o acceso a unha vivenda.

Na visita onde tamén estiveron a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro; o delegado da Xunta, Agustín Reguera; e os concelleiros pontevedreses, Gerardo Pérez Puga e Juan Manuel Muñoz; Luís López demandou do Goberno central unha adecuada e axeitada xestión no tema da vivenda, un asunto central na vida da xente, especialmente para os máis novos. “ A vivenda demanda xestión, o que mellor se lle dá ao PP, non populismo nin consignas ideolóxicas que despois chocan directamente contra a realidade. A vivenda é unha competencia á que se destinan, directa e indirectamente, fondos europeos, cuxa xestión eficaz tamén está en xogo o vindeiro domingo”, resaltou o presidente provincial.

López explicou que o que está claro é que a nosa provincia precisa que os fondos europeos que se destinan a vivenda sexan dabondo para xestionar toda a demanda, e que o Goberno teña unha política realista e útil para garantir o acceso de todos a un fogar.” Polo que este domingo temos que censurar nas urnas a un PSOE que en materia de vivenda só fixo moito ruído, moito fume e cero resultados. Atrás quedan as promesas electorais de Sánchez construír centos de milleiros de vivendas de Sánchez. Ademais da incapacidade para sacar adiante a Lei do Solo, a vivenda tamén é vítima da chantaxe constante á que está sometido o PSOE, e para que todo iso empece a mudar toca acudir masivamente ás urnas o domingo”, rematou Luís López.

Pola súa banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, indicou que un dos obxectivos que nos diferencian é o de situar aos cidadáns no centro da acción política e no centro, tamén, dos investimentos, que deben, por riba de todo, atender as necesidades dos galegos.

Allegue destacou que o dereito á vivenda é unha principais metas do Goberno galego porque é unha das principais preocupacións dos cidadáns. “Continuaremos desenvolvendo as vivendas previstas nas parcelas que nos quedan en Valdecorvos, onde contaremos con máis de 500 vivendas, da que xa temos en marcha 74 ás que temos que sumar dous grupos de 56 e 48 vivendas que veñen de autorizarse. Con estes inmobles, esta zona de Pontevedra sumará un total de 178 novas vivendas de promoción pública, ao engadir as outras 74 que xa licitou recentemente o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)-

Un dos edificios terá unha altura de baixo, catro plantas e baixo cuberta, e nel habilitaranse 56 vivendas, garaxes, rochos e locais en tres bloques independentes, compostos por planta soto (común aos tres bloques), baixa, 4 plantas altas e baixo cuberta. O inmoble construirase na parcela P-14 do Polígono B1 de Valdecorvos, que conta con 3.201m2 de superficie. Ademais, na parcela P-17 do Polígono B1, que conta con 1.147m2 de superficie, prevese outro edificio con 48 vivendas, garaxes, rochos e locais, distribuídos en dúas plantas de soto, planta baixa, seis plantas e baixo cuberta.

“En resumo, apostamos pola promoción de vivenda pública,  facilitamos a promoción privada e fomentamos a rehabilitación e eficiencia enerxética dos inmoble”, rematou a conselleira