Os orzamentos da Xunta destinen ás comarcas do Salnés e Caldas preto de 30M de euros

Vilagarcía de Arousa, 21 de outubro de 2023.-

Os deputados Elena Suárez e Fernando Pérez compareceron esta maña en rolda de prensa onde destacaron a aposta da Xunta pola comarcas do Salnés e Caldas que contarán no ano 2024 cun orzamento de preto de 30 millóns de euros.

Elena Suárez e Fernando Pérez, acompañados de alcaldes e portavoces dos concellos da comarca resaltaron que o Goberno galego vén de aprobar os orzamentos máis elevados da súa historia para investir en estabilidade, nas persoas e no futuro, ademáis de consolidar todas as rebaixas fiscais que estaban en vigor.

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestes concellos arousáns, xa que o punto de partida en investimentos vaise ampliar ainda máis a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou  Elena Suárez

As actuación máis importantes recollidas nas contas galegas para estes concellos engloban ampliación do IES Aquis Celenis, en Caldas; a ampliación da lonxa e as melloras da estación e augas residuais en Tragove; ademáis das diferentes inversión en materia de xustiza e a colaboración permanente cos Xulgados de paz e cos PXOM dos concellos.

O concello de Pontecesures contará cunha axuda de 714.000€ para obras no concello e máis de 1,5M euros para o parque empresarial; Portas contra con 550.000€ para a base operativa de Medio Rural; Sanxenxo con 1M€ para melloras na mobilidade da contorna da praza de abastos e 500.000€ para dar comezo coa ampliación do centro de sáude de Baltar.

O Concello de Vilagarcía de Arousa vai dispoñer dunha das partidas máis importantes para a zona, xa que ten consignados 3.4M€ para melloras de saneamento e depuración, máis de 2M€ para amplicación do CIFP Bouza Bey e 2M€ para o novo centro de saúde.

“Unhas contas que reflicten o compromiso da Xunta con esta comarca, que reflicten que o Goberno galego cumpre cos nosos concellos, que non para de traballar e de acadar obxectivos”, indicou Fernando Pérez.

Ademais, a Xunta vai invertir a maiores en toda a provincia 6.6M euros para o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana con sendas peonís e ciclistas, preto de 5M euros en melloras da seguridade viaria, 6.8 M euros en reforzo do firme e conservación; e máis de 10M euros da Axencia de Turismo para infraestruturas turísticas, no Camiño de Santiago e na rede de albergues, entre outros, ademáis de seguir apoiando a promoción e difusión do turismo na nosa provincia.

No eido deportivo cabe destacar as transferencia a entidades, federacións e técnicos, as axudas á fundación deporte galego, o bono deportivo dotado con 6.4M euros para a provincia; e o Plan específico de acción comunitaria destinados a asociación rurais, que conta con 1.7M euros; case 1M euros para os consorcios provincias contraincendios; 22.M euros para accións formativas cualificación desempregados e 12.4M para Obradoiros Duais de emprego 2024-2025.

No eido de Política Social, a provincia conta con 90M euros para funcionamento de de centros públicos, preto de 12M euros para tarxeta benvida e bono coidade e máis de 20 M euros gratuitade escolas infantís.

 

ILLA DE AROUSA MELLORA SISTEMA SANEAMENTO E DEPURACIÓN 100.000 €
CALDAS DE REIS XUSTIZA 798.790 €
CALDAS DE REIS  ACTUACIÓNS EN MATERIA DE P.CIVIL 2.283 €
CALDAS DE REIS AMPLIACIÓN IES AQUIS CELENIS 3.120.000 €
CAMBADOS AMPLIACION LONXA TRAGOVE 1.050.000 €
CAMBADOS MELLORA SISTEMA SANEAMENTO 1.320.000 €
CAMBADOS MELLORAS ESTACIÓN DEPURADORA AUGAS RESIDUAIS TRAGOVE 3.350.000 €
CAMBADOS XUSTIZA 1.816.343 €
CAMBADOS PXOM DE CAMBADOS 23.605 €
CATOIRA PXOM 23.605 €
CUNTIS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.377 €
ILLA DE AROUSA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.377 €
ILLA DE AROUSA SUBVENCIÓN GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.377 €
ILLA DE AROUSA PXOM DE A ILLA DE AROUSA 14.600 €
MEAÑO PXOM 14.600 €
MEAÑO SUBVENCIÓN GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.943 €
MEAÑO GASTOS OPERATIVOS D.X. DE XUSTIZA 49.296 €
MEIS PXOM 9.441 €
MEIS SUBVENCIÓN GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.377 €
MORAÑA proxecto do novo centro de saúde de Meis 400.000 €
MORAÑA PXOM 20.000 €
O GROVE GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.377 €
O GROVE  GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 3.395 €
PONTECESURES GASTOS OPERATIVOS D.X. DE XUSTIZA 86.267 €
PONTECESURES CONVENIO OBRAS CONCELLO 714.703 €
PONTECESURES PARQUE EMPRESARIAL 1.578.474€
PORTAS AXUDAS A CORPORACIÓNS LOCAIS SECRETARIAS XULGADOS DE PAZ 10.000 €
PORTAS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 1.641 €
PORTAS AXUDAS A CORPORACIÓNS LOCAIS SECRETARIAS XULGADOS DE PAZ 10.000 €
RIBADUMIA BASE DE UNIDADE OPERATIVA DE PORTAS 550.000 €
RIBADUMIA APARCAMENTO DISUASORIO AG41 800.000 €
RIBADUMIA SOGAMA-MELLORAS PLANTA TRANSFERENCIA 80.000 €
RIBADUMIA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.943 €
RIBADUMIA SOGAMA Melloras planta de transferencia 80.000 €
RIBADUMIA PXOM DE RIBADUMIA 15.450 €
SANXENXO PXOM 15.449 €
SANXENXO MELLORA MOBILIDADE CONTORNA NOVA PLAZA ABASTOS 1.000.000 €
SANXENXO  GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 4.414 €
SANXENXO OPERATIVOS D.X. DE XUSTIZA 184.859 €
SANXENXO SUBVENCIÓNS Á FEGAMP PARA FUNCIONAMENTO DOS GES 104.641 €
SANXENXO INICIAR A AMPLIACIÓN CENTRO SAÚDE BALTAR 500.000 €
VALGA MELLORA SERVIZOS ABASTECEMENTO E SANEAMENTO AVENIDA DE A CORUÑA 100.000 €
VALGA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS XULGADOS DE PAZ 2.943 €
VALGA GASTOS OPERATIVOS D.X. DE XUSTIZA 49.296 €
VILAGARCIA DE AROUSA MELLORAS SANEAMENTO E DEPURURACIÇON RÍA DE AROUSA 3.460.000 €
VILAGARCIA DE AROUSA AMPLIACIÓN EDAR 100.000 €
VILAGARCIA DE AROUSA AMPLIACION CIFP BOUZA BREY (CIFP FONTECARMOA) 2.030.000 €
VILAGARCIA DE AROUSA obra do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa 2.000.000 €
VILAGARCIA DE AROUSA PXOM 53.420,40 €
VILAGARCIA DE AROUSA  XUSTIZA 1.444.918 €