O PP de Pontevedra amosa a súa sorpresa e incredulidade ante a colocación dunha pancarta do BNG no concello de Mos gabándose da inexistente rebaixa das peaxes da AP9

Mércores, 10 de xaneiro de 2024.

O presidente provincial, Luis López e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, amosaron a súa sorpresa e incredulidade ante a colocación dunha pancarta do BNG gabándose que eles conseguiron a rebaixa das peaxes da AP9.

Luis López e Nidia Arévalo, acompañados do alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo; dos concelleiros de Salceda de Caselas e de Vigo, Santiago Rodríguez e Miguel Martín, respectivamente; desprazaronse hoxe ao concello de Mos, onde segundo indicaron, sorpresivamente e sen que ninguén o poida entender, o BNG presume de que conseguir en Madrid a rebaixa das peaxes da AP-9, tal e como reflicten as parcartas colocadas polo concello.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, lamentou esta actitude do BNG facendo fincapé en que “a estas alturas da película non temos nada claro o rumbo que está a tomar o BNG”.

“Temos as peaxes das máis caras de España: a AP-9 e a AP-53, que agora se encarecen máis que nunca cunha alza de case un 7% no caso da AP-9 e de máis dun 5% na AP-53. Ir de A Coruña a Vigo custa agora preto de 20€, ir de Pontevedra a Vigo 4,60€ e o traxecto Pontevedra a Santiago, 6,85€. Unha autentica barbaridade para os petos dos galegos e das galegas, que se teñen que desprazar pola AP-9”, lamentou Luis López.

O presidente popular amosou a súa incredulidade ante este novo esperpento do BNG. “Suben as tarifas e o BNG di que grazas a eles conseguiron en Madrid a rebaixa das peaxes. A verdade é que non se pode entender semexante despropósito. É unha auténtica tomadura de pelo. O Goberno do PSOE e Sumar, apoiado polo BNG, vólvese rir de Galicia e tamén se ri na cara do BNG, e o BNG o que fai é non só non pelexar por Galicia, senón mentir”.

Luis López indicou que, menos mal, que os galegos e galegas teñen un Goberno do PPdeG, que xa adiantou para este ano a conxelación e bonificación dos prezos das súas autovía e que prorroga do desconto do 50% no transporte público autonómico.

Nesta liña precisou que os cidadáns necesitan certezas e medidas efectivas nas decisións que máis lles afectan no seu día a día e que fronte a un multipartito enfrontado en todo e que converte todos os seus anuncios en mentiras, a única alternativa é apostar por Alfonso Rueda. “O PP de Galicia ofrece responsabilidade, ofrece unidade e ofrece sentido de país. Ese é o noso proxecto político, que Galicia non pare”, finalizou Luis López.