O PP de Barro lamenta os 100 días perdidos na xestión municipal e indica que é completamente inxusto para os veciños o estado de parálise na que se atope concello
Barro, 21 de setembro de 2023
O voceiro e concelleiro do PP de Barro, Eduardo Ruadas, lamentou hoxe os 100 días perdidos na xestión do concello e indicou que é completamente inxusto para os vecinos o estado de parálise no que se atopa o concello.
“Nada fixeron nestes primeiros 100 días de lexislatura e os cidadáns non se merecen esto, é completamente inxusto para eles que non asuman as súas responsabilidades e que o único que teñen como obxectivo é seguir esquilmando as arcas municipais cos incrementos dos soldos e buscando a costa dos cartos dos barrenses o apoio dos outros grupos municipais regalando dedicacións exclusivas”, reiterou Ruadas.
O voceiro do PP de Barro indicou que “parece algo completamente surrealista nos tempos que corren hoxe en día, que só se preocupan dos seus propios petos e do baile de sillas e deixen de lado completamente a xestión municipal. Nestes días de Goberno de coalición seguimos cunha situación de inmovilismo, e consideramos que o alcalde o que ten que facer xa en primeira instancia e de maneira inmeidata é atender as necesidades dos vecinos e non as súas persoais”.
“É preciso que se poñan xa a traballar, e sexan responsables co cargo que ocupan, que é velar, coidar e escoitar as necesidades dos cidadáns, e traballar en prol do concello, non en prol de eles”, indicou Eduardo Ruadas