O PP critica que 5.320 pontevedreses sufran mañá os “graves prexuízos” do pacto de investidura de Pedro Sánchez pola supresión de vinte trens na provincia pola folga
Xoves, 23 de novembro de 2023.
O PP Provincial de Pontevedra criticou na xornada de hoxe que 5.320 pontevedreses sufran mañá os “graves prexuízos e as nocivas consecuencias” do pacto de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno, xa que convócase o primeiro día de folga no sector ferroviario coa supresión de vinte frecuencias de tren na provincia.
A senadora Pepa Pardo e a deputada no Congreso Irene Garrido, acompañadas de concelleiros das cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, admitiron comprender as reivindicacións do persoal de Renfe para emprender este paro “ante a inseguridade laboral que lle xera o traspaso das Rodalies a Cataluña”, pero ambas lamentaron os “terribles efectos” sobre os cidadáns da provincia, que van quedar sen o seu medio de transporte nunha xornada, a deste venres, na que moitos adoitan a regresar aos seus fogares tras a semana laboral. Ademais, neste senso, Irene Garrido engadíu tamén que se agardaban moitos desprazamentos neste medio de transporte a Vigo con motivo do acendido das luces de Nadal.
“Vai ser un caos absoluto. A xente non vai ter como volver a casa e vanse desbordar os autobuses ata quedar sen prazas. E todo elo, por unha medida completamente arbitraria de Pedro Sánchez para seguir no seu despacho malia perder as eleccións. A cesión das Rodalies a Cataluña sempre se dixo que era un agasallo sen sentido, que quebraba a unidade do servizo en toda España e que prexudicaba aos traballadores, pero non se valoran as consecuencias, nin as molestias sobre os cidadáns que, por desgraza, desde mañá van sufrir xa ao novo Goberno e ao seu pacto da infamia”, manifestou Pepa Pardo.
Neste senso, os populares explicaron, nunha comparecencia ante a estación de tren de Pontevedra, que a folga vai suprimir no seu primeiro día 14 trens de media distancia entre as cidades da Coruña e Santiago con Vigo e Vilagarcía de Arousa, e as súas correspondentes paradas na capital provincial, o que supón unhas 3.920 prazas; 4 frecuencias do Tren Celta entre Vigo e a cidade portuguesa de Oporto con 800 asentos; e 2 viaxes entre a estación olívica de Urzáiz e Madrid-Chamartín con 600 prazas en total.
“Cando desde o Partido Popular falamos dos nocivos efectos destes pactos perversos, os socialistas limítanse a rir, a dicir que non pasa nada, que somos uns esaxerados e que o importante é que haxa un Goberno de progreso, pero eles fan as cousas a calquera prezo, sen importarlle a xente, nin a igualdade nin os servizos públicos. E por iso desde mañá padeceremos o enorme custo de que Sánchez sexa presidente e a ver se é tan valente para explicarlle á xente porque o seu goberno de progreso vai ser protagonista polo retroceso nos servizos públicos, neste caso o tren na nosa provincia, que é a zona cero, a más afectada en liñas de toda Galicia”, aseverou a senadora.
Pepa Pardo adiantou ademais que “o problema só acaba de comenzar”, xa que a folga ampliarase aos días 30 de novembro e 1, 4 e 5 de decembro, alomenos inicialmente e sen que se desbote a súa continuidade, polo que todo apunta á supresión dun cento de frecuencias na provincia de Pontevedra nestas cinco xornadas de paro e que preto de 27.000 pontevedreses queden sen praza “nunhas datas especialmente sensibles, xa que aos traxectos por traballo únense os das compras de Nadal e outros vencellados ao turismo propio destas datas e da ponte da Constitución”.
E a todo elo, “súmanse os gravísimos problemas no servizo ferroviario que estamos a padecer desde hai meses nas liñas de trens da provincia, que son as segundas de Media Distancia máis empregadas de toda España e que están a sufrir longos retrasos, avarías, falta de prazas, supresións de trens sen avisar, en definitiva, un desastre”, sinalou Pardo.
En todo caso, desde o PP provincial aseguraron que van denunciar a todos os niveis a aldraxe que supón para Galicia o acordo de traspaso das Rodalies a Cataluña, mentres o Goberno de España non pon os medios necesarios para o funcionamento axeitado do servizo de tren tras anos de abandono, desmantelamento e recurtes nun servizo fundamental.
“O AVE aos Reis Magos”
Pola súa banda, a deputada no Congreso, Irene Garrido, lamentou o desagradable espectáculo ofrecido onte polo ministro de Transporte e Mobillidade, Óscar Puente, nun plató de televisión, ríndose de todos os galegos e galegas instando que pidamos o AVE aos Reis Magos.
“Non parece a mellor maneira de estrearse no cargo. E todo parece indicar que Abel Caballero vai seguir aplaudindo os seus compañeiros de filas con este tipo de comentarios, onde deixan ben claro un menosprecio total para Galicia”, lamentou Irene Garrido.
A deputada fixo especial fincapé en que esta ben claro que o Goberno central amosa un nulo interese polas infraestruturas e a mellora da mobilidade, xa non só para Pontevedra, senón para toda Galicia e dende o PP non imos consentir estos desagravios a costa dun servizo tan necesario e tan reclamado dende fai tantos anos.
Irene Garrido preguntou se Abel Caballero vai quedar calado ante istos ataques e vai seguir aplaudindo aos seus compañeiros de filas aínda cando os seus intereses partidistas no conflúan cos de Vigo. Canto tempo máis van seguir os socialistas vigueses, sendo cómplices do atraso ao que nos está condenando o seu xefe de filas en materia de infraestruturas? Van seguir poñendo a proba a paciencia dos vigueses? Esto amosa que vai ser a estratexia do PSOE, indicou Garrido
Porque aos atrasos producidos estes días nas conexións entre Vigo, A Coruña e Ourense, hai que sumar que o AVE, prometido para 1993 polo alcalde de Vigo, non acaba de chegar á cidade 30 anos máis tarde. E agora esta folga, ponlle a guinda ao pastel que Sánchez cociñou cos independentistas para manterse no poder.
É a primeira das moitas facturas que pagaremos o resto de españois por todo este despropósito da amnistía, concluiu Irene Garrido.