O PP aposta polo equilibrio entre a protección medio ambiental e a actividade económica no litoral
20, xullo, 23.-
A cabeza de lista do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, defendeu esta mañá a aposta do PP polo equilibrio entre a actividade económica no litoral e a protección medioambiental. Foi durante unha visita á conserveira Pescamar, en Poio, onde a candidata asegurou que o PP apoia de forma clara un dos sectores fundamentais da economía da provincia, e por iso aposta por medidas e iniciativas que contribúan a potenciar o sector-mar industria.
Así, puxo en valor o traballo que o Goberno galego fixo coa nova Lei do Litoral, e o esforzo co sector mar-industria, e asegurou que Feijóo manterá no Goberno de España ese mesmo compromiso para modificar a lexislación e dar maior seguridade xurídica, porque coñece cal é a realidade da costa, sabe da importancia deste sector para a economía e para os empregos, e por iso apoiará de xeito decidido un sector que só recibiu ataques durante os anos de sanchismo.
“Queremos potenciar este sector mar-industria e ofrecer seguridade xurídica. Somos respectuosos co medio ambiente, estamos coidando o noso litoral, equeremos facelo compatible con que empresas como Pescamar e outras tantas que viven do mar poidan ter seguridade xurídica para seguir coa súa actividade econtinúen ofrecendo emprego e oportunidades”. Ademais, recordou que unha das primeiras medidas dos populares si gañan as eleccións o domingo, será baixar de xeito inmediato o IVE ás conservas “porque entendemos que es un sector clave para la economía, para la alimentación, pero sobre todo para aliviar o peto das familias, que se viu resentido pola suba de impostos e da inflación”.
Antes da visita a Pescamar, en Poio, Ana Pastor e a número 1 ao Senado, PepaPardo, visitaron as instalacións da nova nave de Setga en Ponte Caldelas. Alí defenderon que o PP aposta polo talento, a innovación e o coñecemento como base dunha economía competitiva para Galicia e para España. Pepa Pardo sinalou que “O PP aposta por mellorar a produtividade a través da innovación e, sobre todo, da incorporación do talento das persoas”. Así, explicou que, para que España volva a crecer dunha maneira sólida, é importante apoiar con normas e políticas públicas que melloren a produtividade e incentiven a innovación, así como un marco regulatorio que impulse a libre iniciativa e o desenvolvemento empresarial”.
Por iso, asegurou que o PP aposta por medidas que garanten a competencia coa unidade do mercado. “Frearemos o exceso de regulación, aprobaremos cada ano un decreto de simplificación administrativa e mellora da calidade regulatoria”. Ademais, explicou tamén que o programa dos populares inclúe unha estratexia nacional de reindustrialización, en colaboración coa Alianza pola Competitividade, para incrementar ata o 20% do PIB o peso da industria española.