O Partido Popular esixe explicacións inmediatas sobre a cuestionable contratación en Vigo do novo responsable da rede de museos

Luns, 16 de xaneiro de 2024.-

O Partido Popular esixe inmediatas explicacións sobre a cuestionable contratación no concello de Vigo do novo responsable da rede museística municipal, José Manuel Rey. A premura para cubrir a praza cunha contratación apresurada e non debidamente avaliada, xera serias dúbidas de falta de ética e transparerencia. Ao que se suma a ausencia dun tribunal independente para valorar os méritos dos candidatos.

O deputado provincial, Jorge Cubela indicou que outra vez máis o PSOE e Carmela Silva fan gala dunha intolerable falta de ética e transparencia noutra contratación de persoal. Cubela solicita explicacións inmediatas fronte as prácticas pouco regulares e dudusamente éticas na incorporación do exdirector do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey á rede de museos de Vigo.

“Outra vez. Non se cansan de levar a práctica este tipo de contratacións. Esto non funciona así, e parece que á señora Carmela Silva aínda non lle quedou claro que non se pode contratar a dedo os amiguiños. Siguen e seguirán cunha total falta de transparencia e cunha ética digna de estudio. Creo que non se pode ser tan torpe xa que esto ten consecuencias legais e Carmela Silva aínda non debe estar escarmentada do caso do cuñado, que sigue facendo o mesmo. Menos mal que temos a xustiza para poder freo a esta xente e as súas prácticas”, indicou Jorge Cubela.

Polo tando, o Partido Popular insta á señora Carmela Silva, tamén senadora e presidenta do PSOE, a proporcionar explicacións pertinentes de maneira inmediata. É imperativo aclarar a falta de transparencia, a ética na contratación sobre a selección de persoal no ámbito municipal. “A cidadanía merece e esixe un goberno transparente e equitativo, e é responsabilidade das autoridades brindar respostas claras ante estas preocupacións legítimas”, indicou Cubela.

“Maís ainda vendo os antecedentes de nepotismo, como o caso Orúe, onde un alto funcionario municipal beneficiou á súa cuñada nunha subcontrata do Concello, fannos prantexarnos interrogantes sobre se esta continuidade de prácticas cuestionable será o camiño a seguir polo concello de Vigo”, lamentou Jorge Cubela.