O Grupo provincial do PP solicita o mantemento da gratuidade dos bonos de media distancia para axudar á economía das familias, seguir potenciando o transporte público, e pola preservación e coidado do medio ambiente
Pontevedra, 22 de outubro de 2024.–
Os deputados provinciais do PP de Pontevedra veñen de rexistrar unha moción solicitando ao Ministerio de Transporte o mantemento da gratuidade dos bonos de viaxes para os trens de Media Distancia para o ano 2025 e sucesivos, co propósito de favorecer o avance da mobilidade sostible na provincia de Pontevedra e no resto de Galicia.
O PP Provincial de Pontevedra insta así ao Goberno central a manter a gratuidade dos trens de Media Distancia, tanto para axudar ás economías domésticas das familias, como para seguir potenciando os sistemas públicos de transporte, por un compromiso coa mobilidade sostible e pola preservación e coidado do medio ambiente.
Os cidadáns da provincia de Pontevedra, ao igual que do resto de Galicia, están a demostrar nos últimos tempos a súa aposta polo emprego do transporte público, e así o amosan os datos, as estacións viguesas de Urzáiz e Guixar contabilizaron, ao peche de 2023, un total de 2.089.884 viaxeiros nos trens de Medio Distancia de cobertura rexional, o que supuxo practicamente duplicar os 1,16 millóns de pasaxeiros do exercicio precedente. Ademais, o enclave de Urzáiz alcanzou un incremento do 44%, situándose como o terceiro máis elevado de toda España e que supón unhaclara mostra do interese e aposta dos cidadáns por este sistema de transporte.
Nesta mesma liña, a estación da cidade de Pontevedra alcanzou durante todo o pasado ano a cifra de 1,43 millóns de usuarios nos trens de conexión autonómica, elevándose ao 14º posto no conxunto do país, mentres que a de Vilagarcía de Arousa rexistrou maís dun millón de pasaxeirosnese mesmo período.
Deste xeito, a provincia superou o pasado ano os 4,5 millóns de viaxes nos trens de Media Distancia malia os incontables problemas de falta de prazas, redución de frecuencias, retrasos e avarías dos convois, ou escasez de persoal, entre outros
Neste senso, e malia os innumerables problemas que presenta a rede ferroviaria galega como consecuencia dunha xestión que, desde o PP Provincial de Pontevedra, considerase absolutamente ineficiente por parte do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, o pasado ano batéronserécords no emprego dos trens no noso territorio e neste exercicio, todo apunta a uns parámetros cando menos similares.
Sen embargo, a comezos do presente mes de outubro o ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, anunciou a súa intención de recurtar os dereitos dos viaxeiros coa próxima eliminación da gratuidade dos bonos nos trens de Medio Distancia, que é o único beneficio que teñen os usuarios nunha rede e nun servizo trufado dos constantes problemas xa citados e que o departamento estatal non foi quen, non só de solucionar, senón que levounos a un claro empeoramento.
O ministro admitiu que a súa intención pasa por suprimir de cara a 2025 a gratuidade do servizoferroviario de proximidade, co conseguinte prexuízo para centos de miles de pontevedreses, alegando que se trataba dunha medida coiuntural e que o transporte público debía competir eofrecer aos cidadáns outras cuestións, como confortabilidade, calidade, puntualidade e frecuencias.
Precisamente por isto, desde o PP Provincial de Pontevedra compartimos a reclamación formulada pola Xunta de Galicia ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible na que se solicita o mantemento da gratuidade nos bonos de viaxes de Media Distancia, así como outras acciónsorientadas á mellora urxente e xeral da nosa rede ferroviaria.