O grupo provincial do PP da Deputación de Pontevedra considera unha auténtica falta de respeto institucional a ausencia dos grupos da oposición o pleno extraordinario na defensa da Constitución
Luns, 20 de novembro de 2023.-
O grupo provincial do PP na Deputación de Pontevedra considera unha falta de respeto institucional a ausencia dos grupos da oposición o pleno extraordinario no que se presentou a moción en defensa da Constitución española. “Non lles importa Galicia, pero a nós si. A Lei de Amnistía e a lei da vergoña, que amnistía delitos de corrupción e terrorismo a cambio de votos e non o podemos torlerar”, manifestou Jorge Cubela.
O voceiro popular, indicou que visto o que pasou hoxe no pleno, estamos ante unha sumisión completa a Pedro Sánchez. “Ante todo o máis importante é defender os intereses dos galegos e as galegas e non aceptar de ninguna maneira esta chantaxe”, afirmou Cubela.
O voceiro popular indicou que “parece que o BNG dalle igual que teñamos que asumir cos nosos cartos o prezo dos votos de Sánchez. Son máis de 15.000 millóns de euros a cambio de que se manteña na cadeira do Goberno. O BNG non é que o rexeite senón que incluso o apoia”. Cubela lamentou que os nacionalistas galegos se estean rendendo ante a soberbia de Sánchez e indicou que non pode entender que non defendan o que lle corresponde a Galicia.
Ante a ausencia dos socialistas, o voceiro popular indicou que seguramente o que lles ocorra é que como non poden nin defender, nin argumentar o que está facendo o seu partido a nivel nacional, e non teñen nin argumentos para rebatir, o mellor e máis doado é non da la cara, pero si sacarse fotos posando nas escaleiras de entrada do Pazo Provincial.
“O prezo que estamos pagando ante todo isto vai converter aos españois en cidadáns de primeira e de segunda porque o que se condone aos independentistas, implicará unha diminución nos servizos públicos e parece que dende o BNG están completamente dacordo con esto”, indicou o voceiro popular, Jorge Cubela.