Nidia Arévalo asegura que os problemas de seguridade no Pombal e Amieirolongo, en Mos, solucionaranse cun Goberno de Núñez Feijóo
14, xullo, 23.-
A alcaldesa de Mos e candidata ao Senado, Nidia Arévalo, asegurou esta mañá que os problemas de seguridade que os veciños e o propio concello veñen denunciando nos últimos anos na N-550, no Pombal e en Amieirolongo, solucionaranse definitivamente cun Goberno de Núñez Feijóo. Foi durante unha visita á zona afectada na que estivo acompañada polos tamén candidatos Juan Andrés Bayón, Santiago Rodríguez Davila e Sergio Bugarín, así como do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, que tamén é concello afectado.
Arévalo denunciou que “este nudo na N-550, onde conflúen varios centros comerciais, polo que transcorre o Camiño de Santiago, e polo que cada día atravesan porriñeses, mosenses, e un montón de persoas para facer a súa vida diaria, ten importantes problemas de seguridade que o Ministerio socialista non acaba de atender”. Por iso, anunciou que “desde o PP queremos ofrecer unha solución definitiva a este problema, e sei que os veciños de Mos están convencidos de que ímolo solucionar e que poden confiar en nós”.
Con respecto á zona do Pombal, en Louredo, explicou que con Ana Pastor no Ministerio de fomento iniciouse un traballo para garantir aos veciños un acceso seguro ás súas vivendas que quedou bloqueado e non acaba de resolverse co Goberno socialista. «Presentamos propostas e emendas a través dos deputados do PP, fixemos reclamacións desde o propio concello, e non obtivemos ningún compromiso, por iso hoxe dicimos aos veciños de Louredo que, si gobernamos a partir do 23 de xullo, este problema de seguridade vai ter unha solución definitiva”, engadiu.
Un compromiso que tamén adquiriron os populares cos veciños de Amieirolongo. “Queremos declarar este tramo, desde O Porriño ata Amieirolongo, como travesía urbana. E iso lle dará unha solución definitiva, con semáforos, pasos peonís, con límite de velocidade…”.
Por iso, pediu o voto a Núñez Feijóo, “para que ese gran presidente que tivo Galicia, sexa o novo presidente de España, para solucionar os problemas de Mos, de Amieirolongo e do Pombal”. Por último, recordou, que o PP é a única alternativa para acabar co sanchismo.