Marta Lucio lamenta que se teña que repetir o pleno extraordinario da suba de impostos pola mala xestión da alcaldesa ao ter convocado o anterior sen cumprir a normativa vixente
Meis, 8 de novembro de 2023.-
O Grupo Municipal do PP de Meis non asistirá á nova convocatoria do pleno extraordinario que volverá ter lugar este vindeiro venres unha vez que foi declarado nulo o anterior debido ao estar convocado sen cumprir a normativa vixente.
A portavoz do PP, Marta Lucio ,expresou o seu malestar xa que, unha vez máis, debido á mala xestión da alcaldesa os cidadáns aínda por riba de verse afectados pola suba de impostos, concretamente do IBI e da recollida de lixo, teñen que asumir que as arcas municipais volvan a ter que facerse cargo do custe desta nova convocatoria do pleno, polo que os concelleiros populares non asistirán ao mesmo.
Os populares indicaron que non é normal que se chegue a este punto, convocar mal un pleno extraordinario e que se teña que repetir debido a que foi convocado sen cumprir os prazo estipulados pola Lei.
“Non se pode entender que se leve a cabo un erro deste calibre, por riba nun pleno extraordinario e a costa dos cartos dos veciños de Meis”, rematou Marta Lucio.