Luisa Piñeiro, directora de campaña do PP de Pontevedra para as eleccións europeas
Pontevedra, 22 de maio de 2024.
A dirección do Partido Popular de Pontevedra elixiu ao equipo que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral para as eleccións europeas na provincia de Pontevedra e que encabeza a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.
Así, ademais de Luisa Piñeiro como directora de campaña, tamén forman parte do comité de campaña, Montserrat Otero, como coordinadora de programas; Javier Tourís, responsable de acción electoral; Agustín Reguera, responsable de campaña para os dirixentes nacionais; e José Balseiros, de actos sectoriais.
Ademais deles, estará José Luis Fernández, como responsable de asesoría xurídica; Ramón Forneiro, como responsable do voto exterior, voto por correo e coordinador de interventores e apoderados; e Paula Losada, como responsable da coordinación de Novas Xeracións. O comité de campaña inclúe tamén coordinadores de prensa, actos, medios e redes sociais.