Luisa Piñeiro, directora de campaña do PP de Pontevedra para as eleccións autonómicas
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2024.-
A dirección do Partido Popular de Pontevedra elixiu ao equipo que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral para as eleccións autonómicas na provincia de Pontevedra e que encabeza a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.
Así, ademais de Luisa Piñeiro como directora de campaña, tamén forman parte do comité de campaña, Montserrat Otero, como coordinadora de programas; Javier Tourís, responsable de acción electoral; Agustín Reguera, responsable de campaña para os dirixentes nacionais; e José Balseiros, de actos sectoriais.
Ademais deles, estará José Luis Fernández, como responsable de asesoría xurídica; Ramón Forneiro, como responsable do voto exterior, voto por correo e CERA; Carmela González, como coordinadora de interventores e apoderados; e Paula Losada, como responsable da coordinación de Novas Xeracións. O comité de campaña inclúe tamén coordinadores de prensa, actos, medios e redes sociais.
Luisa Piñeiro destaca que “desde o PP de Pontevedra estamos xa traballando para que Alfonso Rueda consiga a súa primeira maioría absoluta con ilusión, con moita forza para que un pontevedrés sega sendo o Presidente da Xunta”.