Luis López contrapón a aposta do PP polos Servizos Sociais desde a Xunta fronte á “pobreza social” do modelo do BNG exemplificada no Concello de Pontevedra

Xoves, 11 de xaneiro de 2024.-

O presidente do PP Provincial de Pontevedra, Luis López, contrapuxo esta mañá, nunha visita á residencia Saraiva da capital, a “forte aposta” do Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia fronte á “pobreza social”, na atención a maiores e dependentes, do modelo do BNG, exemplificada no Concello de Pontevedra, que vén de ser calificado como o peor da nosa comunidade nesta materia.

“Os cidadáns teñen que saber que o 18 de febreiro teñen que elixir entre dous modelos de atención social, a que desprega o PP consolidando e ampliando servizos e orzamentos e o que desenvolve o Bloque, que se pode ver aquí en Pontevedra, un municipio que fai recurrentemente un investimento social pobre e precario, segundo o estudo independente da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, xa que é o único concello galego que se sitúa cun investimento por debaixo dos 50 euros por habitante ao ano”, explicou Luis López, que alertou de que esta precariedade no eido social pódese estender a toda Galicia se os nacionalistas están no Goberno galego “porque eles sempre deixan claro que o seu modelo de todas as cousas é Pontevedra”.

O presidente do PP Provincial engadíu, ademais, que “a cifra para políticas sociais do Pontevedra, e por tanto do BNG, aínda podería ser máis cativa se dependerá só dos fondos que destina o propio Concello”, xa que lembrou que a Xunta transfírelle anualmente 2,2 millóns de euros para desenvolver 183.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar e financia aos 210 usuarios de teleasistencia.

En todo caso, e incidindo neste mal funcionamento dos Servizos Sociais do modelo BNG de Pontevedra, revelou que o Concello só dá cobertua do SAF ao 28% dos usuarios que o solicitan e en a máis de 400 en lista de agarda malia contar cunhas 5.000 horas mensuais sen empregar. “Este é o clarísimo exemplo de que o Bloque non cre nas políticas sociais e deixa atrás e abandonados aos maiores, aos dependentes e ás persoas que máis necesitan do respaldo das administración”, detallou.

Novas axudas da Xunta e máis prazas de residencia

Por outra banda, Luis López puxo en valor as novas accións para este colectivo implantadas polo goberno de Alfonso Rueda, en referencia á ampliación do Bono Coidado en Residencia, que supón unha achega anual de 1.200 euros para sufragar o custo das prazas e que beneficia a 93 pontevedreses, e o Bono Coidado no Fogar, que tamén se comezou a pagar neste mes de xaneiro con 5.000 euros anuais para sufragar o custo dos coidados de persoas dependentes por parte dalgún familiar, veciño ou profesional. Neste caso, hai 421 veciños da capital beneficiarios desta achega que, en total, supera os 2,2 millóns de euros de investimento social.

Así mesmo, Luis López concretou que a cidade conta na actualidade con 392 prazas de residencia que vanse ver ampliadas en 120 máis nas vindeiras semanas grazas ao novo centro que constrúe a Fundación Amancio Ortega. Este inmoble vai quedar rematado no primeiro trimestre deste ano e, de inmediato, pasará a integrarse na rede pública de residencias da Xunta.

“O 18 de febreiro temos que elixir entre dous modelos claros, porque o que é medible non é opinable, un de apoio decidido aos maiores e dependentes sostido polo PP grazas ás políticas lideradas por Alfonso Rueda e un de abandono protagonizado polo BNG, que se exemplifica en Pontevedra, con estes tristísimos e constantes datos de pobreza social”, concluíu López.