Javier Tourís lamenta que o candidato socialista non afronte o grave problema creado polo seu partido na cadea mar-industria, que só se dedique a sacar fotos “amables” e escorrer o vulto ante os problemas que está provocando o seu partido no Salnés e na costa galega

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2024

O vicesecretario do PP provincial de Pontevedra e concelleiro de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, lamentou hoxe que a persoa que se vai presentar aos comicios autonómicos como cabeza de lista do PSdG, non afronte o grave problema provocado polo seu partido na cadea mar- industria da nosa comunidade, que só se dedique a sacar fotos “amables” e que por riba escorrera o vulto e non aproveitara para afrontar e poder coñecer de primeira man o gravísimo problema que ten o Salnés na súa visita da pasada semana a esta comarca.

Ademais, tal e como lembrou Tourís, os socialistas teñen sobre a mesa a opción de mover o deslinde do espazo público marítimo-terrestre para deixar a costa como hai setenta anos, demostrando o seu descoñecemento de Galicia e da relación dos galegos co mar e co litoral.

O candidato dos socialistas galegos á Presidencia de la Xunta, visitou a pasada semana a comarca do Salnés para, parece ser, coñecer o sector do viño, que por certo recibe sempre un grandísimo apoio da Xunta de Galicia, pero olvidouse de desprazarse un quilómetro máis e achegarse ata Tragove, no Concello de Cambados, ou ata calquera punto do litoral do Salnés para coñecer o problema provocado polo seu partido coa cadea mar-industria.

O vicesecretario do PP pontevedrés indicou que “desde o Partido Popular da comarca do Salnés e da provincia de Pontevedra alegrámonos moito de que o candidato socialista á Xunta, se achegue á nosa comarca e coñeza o noso potente sector do viño, pero desde o Partido Popular só podemos calificar de lamentable que só veña facer unha foto “amable”, pero non afronte os gravísimos problemas que está a xerar o seu partido na nosa costa, na nosa cadea mar- industria, nos nosos empregos e no noso xeito de vivir”,  indicou Javier Tourís.

“Foi unha pena que este señor non puidera falar cos afectados das empresas situadas nesa comarca do Salnés e coñecer tamén a opinión dos centos de traballadores afectados pola graves situación provocada polo seu partido no nefasto Regulamento de Costas e pola súa negativa a respaldar a Lei do Litoral de Galicia, impulsada polo Partido Popular e que pretende defender a nosa costa fronte aos ataques inxustificados dos socialistas, que queren varrela de cabo a rabo”, reiterou o popular.

Javier Tourís rematou afirmando que isto demostra que hai moita cosmética por diante e moita política anti-galega por detrás, pero os veciños do Salnés son intelixentes, os galegos son intelixentes e o vindeiro 18 de febreiro vanlle dicir non aos socialistas e os multipartitos e si a vivir de xeito sostible co noso mar e co noso litoral.