Ana Pastor pon en valor que Feijóo coñece as prioridades de cada concello da provincia e ten demostrado a súa capacidade para resolver os problemas da cidadanía
11, xullo, 23.-
As candidatas do PP ao Congreso, Ana Pastor e Irene Garrido, visitaron esta mañá Gondomar, acompañadas pola secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a presidenta local do partido, Paula Bouzós, para falar cos veciños, escoitar as súas preocupacións e explicar o proxecto de Núñez Feijóo.
Durante o percorrido, puxeron en valor que Feijóo coñece as prioridades de cada concello da provincia e ten demostrado a súa capacidade para resolver os problemas da cidadanía. “España non se pode permitir o erro de continuar co sanchismo. Este país necesita un cambio, un Goberno centrado nos interese xerais, na boa xestión e no obxectivo de unir á sociedade, e ese Goberno só o pode ofrecer o Partido Popular”. Así, pediron unir en Feijóo o voto de todas as persoas que queren un cambio porque, incidiron, “só o PP pode garantilo”.