Ana Pastor e Jorge Cubela reclaman ao estado de maneira urxente o arranxo inmediato da N-541 tras un novo accidente

Pontevedra, 7 de setembro de 2023.

Os populares Ana Pastor e Jorge Cubela e os deputados e senadores do Partido Popular reclaman de maneira urxente ao Estado o arranxo inmediato da N-541 tras un novo accidente este pasado martes onde se viu involucrado un motorista, polo mal estado do firme.

Ana Pastor indicou que o Goberno central debe centrarse en menos fotos na estrada afectada e ocuparse do que realmente importa, que é a seguridade desta vía, na que é necesario poner de inmediato unha nova capa de rodadura para evitar os esvaramentos por culpa do mal estado do firme. Ademais, segundo precisou “é unha mágoa que non se puxeran manos á obra nos meses de verán cando polas condicións climatolóxicas é mellor levar a cabo as obras de mellora do firme para que poidera estar canto antes en adecuadas condicións para todos os cidadáns que a diario circulan por ela”

“Máis de 5 meses despois da adxudicación do contrato de conservación e explotación en estradas do Estado en Pontevedra na que estaba incluída a mellora da N-541, nada se sabe desas obras”, asegurou o deputado provincial e alcalde do concello afectado, Jorge Cubela, quen reclamou atención inmediata para unhas actuacións que considera fundamentais.

Cubela reclamou unha vez máis ao Ministerio de Fomento unha mellora «urxente» na N-541. “Estamos cansos, estamos fartos dos accidentes que está habendo. O estado da vía e da súa adherencia é nula, polo que precisamos que se leven a cabo as actuacións na vía de maneira inmediata”.

Por todo isto, os populares anuncian que van mobillizar o Pacto de Pedre para esixirlle ao Goberno central que tome conciencia de actuar canto antes neste asunto. “Non ímos quedar de brazos cruzados mentras cada día resulta unha lotaría usar esta vía de comunicación para unir as provincias de Pontevedra e Ourense”, avanzou Jorge Cubela.