Rajoy e Paula Prado piden o voto para Alfonso Rueda en Poio

Poio, 9 de febreiro de 2024.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu o voto para Alfonso Rueda porque, de non conseguir unha maioría suficiente para gobernar, os partidos da oposición “non van deixar pasar nin un minuto para poñerse de acordo e repartirse o Goberno entre tres ou entre catro, os que lles faga falta, para botar ao PP da Xunta”.

“E nestes días, xa o estamos vendo, van utilizar todos as ferramentas, incluso a mentira e a terxiversación, para conseguir o maior número de votos, porque danlles igual os prexuízos e o desprestixio que poidan causar aos galegos con tal de conseguir o seu obxectivo, que non é outro que gobernar na Xunta”, apuntou.

Neste sentido, criticou que “aínda estamos á espera de que tanto socialistas como nacionalistas, e tamén desde o Goberno de Pedro Sánchez, se desculpen de todas as mentiras e indecencias que dixeron naqueles días que quixeron facer un novo Prestige da chegada de pellets ás nosas costas proceden do vertido en augas portuguesas, espallando unha nova marea de mentiras que, co paso do tempo, se comprobou que o único obxectivo que tiñan era sacar rendemento político a este accidente”.

“Galicia xógase moito e é necesario que todos vaiamos a votar con sentidiño, porque a nosa terra non pode quedar nas mans dun multipartito que rompa a estabilidade da que gozamos desde hai anos e bote abaixo o bo traballo que levamos feito”, manifestou a secretaria xeral.

Así, alertou de que “o BNG tomouse moi en serio a coincidencia desta campaña electoral co entroido e púxolle unha máscara de moderación á súa candidata para intentar enganar aos galegos e esconder a súa verdadeira faciana independentista”, mentres que criticou que “os socialistas galegos son os máis dóciles co Goberno de Pedro Sánchez, aplaudindo todas as súas políticas prexudiciais para Galicia”.